A Xunta aproba este venres os orzamentos de 2017

|

Conselloxuntanov


O Consello da Xunta aproba este venres os orzamentos galegos para 2017 co fin de remitilos á Cámara, onde deberán ser tramitados. O obxectivo que avanzaron o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, é que entren en vigor, se é posible, en febreiro.


O teito de gasto, que xa foi aprobado na Cámara (co rexeitamento da oposición), é de 9.063 millóns de euros, o que supón un 2,9% máis (259 millóns) de capacidade de gasto con respecto ao exercicio de 2016.


Feijóo destacou na presentación do teito que Galicia contaría cunha capacidade de gasto superior aos 9.000 millóns de euros por primeira vez desde 2011. Tanto el como Martínez subliñaron, ademais, que a previsión de crecemento económico (2,4%) é "prudente" e susceptible de ser revisada á alza de ser necesario.


Ademais, ao longo dos últimos días, Martínez avanzou que algunhas partidas incrementaranse. Por exemplo, a reservada para políticas de emprego crecerá máis dun 15%. Tamén subirán os fondos destinados ao turismo soben un 5% e os dirixidos a impulsar a modernización e internacionalización da economía.


Este mesmo xoves, o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, subliñou que as contas priorizarán "ás persoas" fronte "ao asfalto e o ladrillo". Igualmente, esgrimiu que se utilizarán os recursos extra para "mellorar" os servizos públicos e "apontoar a recuperación económica".

relacionada ​Os orzamentos da Xunta para turismo soben un 5%
relacionada Pontón, sobre o teito de gasto: "Non estamos ante uns orzamentos expansivos"
relacionada ​A Xunta aproba un teito de gasto de 9.063 millóns para 2017
relacionada Aprobado o 0,6% de déficit para as CCAA en 2017

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress