#Claves de la semana

​Santiago de Compostela, entre os mellores destinos para viaxar en 2017

A reputación hoteleira 'online' da cidade está ben situada no ránking europeo, dominado polos baixos prezos do Leste.


|

Santiago


A cidade de Santiago de Compostela foi elixida entre os oito destinos españois máis recomendables para viaxar en 2017, segundo o ránking elaborado polo buscador de hoteis trivago.es, que ponderou tanto a reputación 'online' da planta hostaleira como os prezos medios máis económicos.


O ránking 'Best Value City Index' sobre os destinos do mundo máis recomendables para viaxar o próximo ano divídese en seis listas que reúnen destinos de Europa, Norte e Centro América, América do Sur, África, Asia e Oceanía.

No ránking europeo aparecen oito destinos españois (Cangas de Onís, Santillana del Mar, Cuenca, León, Santiago de Compostela, Ronda, Nerja e Oviedo) e reúne desde populares cidades como San Petersburgo, ata lugares con historia como Viterbo (Italia) ou enclaves declarados Patrimonio da Humanidade como Sintra, en Portugal.

En primeira posición atópase Mostar (Bosnia e Herzegovina), seguida de Novi Sad (Serbia) e Veliko Tarnovo (Bulgaria). As tres localidades son as que mellor reputación online reúne a súa planta hostaleira (97,59; 97,54; 97,53). Aloxarse unha noite nestas cidades custa unha media de 43 euros, 41 euros e 36 euros por noite en habitación dobre.

En xeral, son os destinos de Europa do Leste os que ofrecen unha mellor relación calidade-prezo nos seus aloxamentos, tanto en grandes como de pequenas cidades. Nas primeiras posicións tamén conseguen facerse uns oco destinos de Italia e Portugal, como Trapani e Fátima; de Centro Europa, como Lódz; así como moitos rusos.

Os destinos españois, a pesar de ter moi boa valoración, atópanse na segunda metade da táboa por presentar prezos algo máis elevados que o resto.

relacionada ​A zona vella de Santiago non abrirá novos aloxamentos en dous anos
relacionada ​Os orzamentos da Xunta para turismo soben un 5%
relacionada O Parque Nacional das Illas Atlánticas, no 'top 100' de destinos sustentables do mundo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE