​Feijóo sobre o diálogo con Cataluña: "Entre dous, se un non quere, non é posible"

|

Feijooconsellodaxunta

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou este venres que "ninguén pode dubidar" que o Goberno que dirixe Mariano Rajoy quere "dialogar" con Cataluña, pero advertiu que non será posible se a resposta da Generalitat é "un palntexamento soberanista, independentista e con actuacións ilegais".


"Ninguén pode discutir que o Goberno central busca unha aproximación de diálogo, pero se a Generalitat contesta cunha formulación soberanista, independentista e con actuacións ilegais, corta calquera tipo de posibilidade de diálogo construtivo", reivindicou, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.


En concreto, Feijóo aludiu así á oferta de diálogo exposta pola vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, coa súa visita a Cataluña, e ao paso dado polo presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, de convocar un cume para o referendo sobre a independencia.


"Se non queren dialogar, falar... se queren incumprir as leis e romper calquera tipo de ponte ou diálogo, que é imposible. Entre dous, se un non quere, non é posible", resolveu o líder do PP galego.


"COMBATER OS POPULISMOS"


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, compartiu este venres a percepción do seu homólogo estatal, Mariano Rajoy, quen apelou nunha entrevista con 'The Wall Street Journal' a combater os populismos, co argumento de que alí onde chegaron ao "poder" o que tentan é "menoscabar os alicerces da democracia".


"Toda a democracia debe facer fronte ao populismo", sentenciou o tamén líder do PP galego na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.


Ao fío desta afirmación, reflexionou acerca de que "todos os sistemas democráticos" teñen "entre outros, o risco" de que, no marco "dun Estado de Dereito, de liberdades e de liberdade de opinión", xurdan "formulacións populistas".


Por iso, considerou "lóxico" que "a democracia se defenda a si mesma" e fixar mecanismos para "defender o propio sistema", tendo en conta que o populismo --esgrimiu-- supón "unha ameaza".


A modo de argumento, sinalou que, nos países nos que forzas populistas chegaron ao poder, buscouse "cambiar os sistemas democráticos", alterar "as garantías democráticas" e "tentar menoscabar os alicerces da democracia".


"Os demócratas debemos alertar á poboación sobre o risco dos sistemas populistas, que o que buscan é diminuír e erosionar o sistema democrático", concluíu.

relacionada Rueda suxire que PSdeG e En Marea decidan "primeiro" os seus líderes
relacionada La conferencia de Feijóo en Barcelona no es casual
relacionada ​Feijóo pide diálogo sen liñas vermellas con Catalunya: "A lei non pode ser obstáculo para a empatía"

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress