#Claves de la semana

Enfermeiros especialistas denuncian o bloqueo da súa inserción laboral

Os especialistas en enfermaría familiar e comunitaria entregaron dúas cartas na Consellaría de Sanidade dirixidas ao Conselleiro e a RRHH. 


|

Agefecenfermerosespecialistas


O grupo de Promoción da Especialidade da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) vén de facer entrega, na sede central do Sergas, de dúas cartas dirixidas ao Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almunia, e á Directora Xeral de Recursos Humanos co fin de denunciar a "discriminación" que sofre o colectivo fronte ás especialidades de enfermeiras de ámbito hospitalario, posto que segundo a AGEFEC, a especialidade Familiar e Comunitaria non está recoñecida nin para Atención Primaria ni para Saúde Pública


Segundo o colectivo, esta "discriminación" denota a "falta de consideración e aposta pola Atención Primaria por parte da Consellaría e do SERGAS", ademais dun "desprezo" ao colectivo posto que non están a ter en conta o diñeiro público investido nestes profesionais, así coma o "esforzo humano" de titores e colaboradores docentes que os forman "sen ningún tipo de remuneración a maiores, simplemente por compromiso coa sanidade pública". 


Os especialistas denuncian ademais que se utilice a burocracia para "ralentizar e complicar un proceso que está pendente unicamente de que o SERGAS informe ás organizacións sindicais da Mesa Sectorial de Sanidade e acto seguido proceda a publicar unha orde de apertura de listas de contratación". 


O colectivo de especialistas advirte que non van consentir "ser un dano colateral de ningún tipo de negociación cos sindicatos ou outros colectivos", e instan ao Conselleiro de Sanidade a "reaccionar" e "desbloquear" a situación que padecen

relacionada ​Enfermeiros especialistas reclaman a súa inserción laboral no Sergas
relacionada O Satse entrega 5.000 sinaturas para reclamar que o Sergas contrate 5.000 enfermeiros
Última hora

2 Comentarios

1

Enorme o traballo desenvolbido por AGEFEC coa fin de desbloquear a insercion laboral dos especialistas en EFeC. Animo q sejuro q entre todos derrubaremos os muíños de vento...

escrito por Manuel fernandez 12/dic/16    18:27
2

Enorme o traballo desenvolbido por AGEFEC coa fin de desbloquear a insercion laboral dos especialistas en EFeC. Animo q sejuro q entre todos derrubaremos os muíños de vento...

escrito por Manuel fernandez 12/dic/16    18:27

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE