#Claves de la semana

​O Celta medirase ao Shaktar Donetsk na primeira eliminatoria da Europa League

O encontro de ida celebrarase en Balaídos o 16 de febreiro e o de volta, o 23 dese mes na Ucraína.


|

Celtashaktar


O sorteo dos dezaseisavos de final da Europa League emparellou Celta de Vigo co Shakhtar Donetsk ucraíno. Trala clasificación conseguida a semana pasada en terras gregas, os vigueses coñecen o que será o seu rival na primeira das eliminatorias da competición europea.


Balaídos vai ser o escenario do primeiro dos encontros entre o conxunto celeste e os ucraínos, que se desputará o 16 de febreiro. A volta terana que xogar no frío país europeo a semana seguinte, o día 23.


No sorteo saíron tamén os emparellamentos dos outros dos equipos españois que participan na competición. O Athletic de Bilbao xogarase o pase fronte ao Apoel de Nicosia e o Villarreal, diante da Roma.


A través das redes sociais, ucraínos e vigueses xa se saudaron, deixando constancia de que agardan xa que chegue febreiro para disputar a eliminatoria.


Tamén os primeiros célticos reaccionaron á noticia. Así, Boja Oubiña declarou que "sabiamos que nos ía tocar un equipo forte e tocounos un equipo de moito nivel futbolístico". Pola súa parte, Felipe Miñambres, o director deportivo do Celta, recoñece no Shaktar "un gran rival. Temos que impoñer o noso estilo e o noso fútbol".

relacionada ​El Celta cumple el sueño de pasar de ronda en la Europa League
relacionada ​Iborra rompe con un hat trick la racha de victorias del Celta en casa
relacionada Estos son los cruces de los octavos de final de la Champions
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE