A muller apuñalada en Santiago non interpuxera ningunha denuncia por violencia machista

|

Violenciamachistasantiagosanpedrodemezonzo


A muller que recibiu este venres en Santiago varias puñaladas por parte da súa exparella continúa en estado grave. Concretamente, tal e como precisou o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, a moza atópase en Reanimación tras pasar por quirófano este venres pola noite.


Do paradoiro do agresor aínda non se sabe nada, polo que os corpos de seguridade continúan buscándoo, segundo confirmaron fontes da Delegación do Goberno.


"Estamos moi preocupados porque vimos duns meses nos que a cidade mostrou o seu rexeitamento á violencia machista coa campaña de 'Compostela en negro', que implicou a todo o mundo", confesou Noriega, sen ocultar a súa preocupación, antes de participar no plenario 'Medrando En Marea'.


Por iso, asegurou que o Consistorio e a cidade están "indignados" e "preocupados", ademais de mostrar o seu absoluto rexeitamento a calquera acción de violencia machista.


As autoridades non teñen constancia de que a muller que recibiu varias puñaladas en Santiago por parte da súa exparella interpuxese algunha denuncia previa por violencia machista.


A vítima, de 30 anos, que responde á identidade de E.M., e de nacionalidade romanesa, foi agredida este venres no seu domicilio, onde recibiu varias puñaladas. Foi traslada ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) en estado moi grave.


A moza recibiu entre cinco e seis puñaladas no salón da súa vivenda, unha delas no abdome, polo menos tres no tórax, pola parte posterior, e unha no pescozo.

relacionada Ferida moi grave unha moza en Santiago supostamente apuñalada pola súa exparella
relacionada Interrogan ao noivo, exnoivo e compañeiros de traballo da moza asasinada en Vigo

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress