O Gaiás acolle unha simbólica exposición sobre a transformación da paisaxe galega

|

Gaiasexpoxeografiagalega


Fotografías, mapas e planos son os documentos principais que compoñen a exposición 'Paisaxe e patrimonio. Unha visión do territorio a través do Arquivo de Galicia', que desde este martes pódese visitar na Cidade da Cultura.


Na súa inauguración, o conselleiro de Cultua, Román Rodríguez, destacou que a mostra serve para "ler" a transformación da paisaxe de Galicia nos últimos anos.


"A natureza foi moi xenerosa connosco, e quizá o home non o fora tanto con ela; pero a Xunta, nos últimos anos, vén facendo unha aposta pola mellora da nosa paisaxe como lugar no que se desenvolven as nosas vidas", resaltou.


Xeógrafo de profesión, Rodríguez confesou que esta iniciativa tócalle "un pouco no corazón", e chamou a atención, neste sentido, sobre o seu carácter "simbólico", ao axuntar patrimonio natural e documental.


Pola súa banda, a responsable do Arquivo de Galicia, Mariña García Pita, explicou que os maiores fondos que conforman a exposición son os cedidos pola empresa Fotografa Aérea e Terrrestre, correspondentes ao período que vai dos anos 60 a 1999, de "gran transformación" da paisaxe galega.


Tamén achegaron documentos distintos departamentos dependentes de consellerías da Xunta de Galicia, entre outras institucións.


MINAS, FÁBRICAS, URBES E INFRAESTRUTURAS


A mostra, que pretende reivindicar a protección do patrimonio, tanto en forma de arquivos documentais como a propia paisaxe, estrutúrase en tres seccións: a relativa ao patrimonio natural, a paisaxe humanizada e a paisaxe protexida.


Así as cousas, pódense contemplar imaxes de paisaxe agraria como explotacións gandeiras e de paisaxe industrial como unha instantánea da central das Pontes (A Coruña) e outra da mina da Pontenova (Lugo).


Tamén hai espazo para a paisaxe urbana, con fotografías aéreas de localidades como Vigo e Pontevedra nas que se aprecia o paso do tempo, e para as infraestruturas: as relacionadas co lecer, as hidroeléctricas e de comunicacións, entre outros aspectos.


Tras a presentación, e acompañado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e responsables da organización da exposición, o conselleiro realizou unha visita guiada.

relacionada ​Estudan como evitar o "estrés" que sofre a Catedral de Santiago
relacionada ​Sae á venda o manuscrito inédito de Manuel Antonio 'De catro a catro'
relacionada ​A Policía Nacional asume a investigación do ataque á lucense fonte de San Vicente

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress