​Terceira noite sen noticias do octoxenario desaparecido en Carballo

Falta desde o venres pola tarde e o dispositivo de búsqueda aínda non deu resultado. Este luns retómanse os rastrexos.


|

Desaparecidocarballo


Un dispositivo de procura trata de atopar a José Lamas, o home de 81 anos desaparecido no termo municipal de Carballo (A Coruña) este venres 23 de decembro sobre as 17,00 horas.


De momento, tal e como explicaron a Europa Press fontes de Protección Civil de Carballo, a procura, na que participan membros deste corpo, da Garda Civil e da Policía Local, así como veciños da zona, aínda non deu ningún resultado.


En concreto, o octoxenario falta da súa casa, localizada na Espanadeira, en Entrecruces, desde o pasado venres pola tarde. 


Á primeira hora deste luns retomouse o dispositivo de procura. Tal e como explicaron a Europa Press fontes de Protección Civil de Carballo, no operativo peitéanse pistas próximas ao domicilio do desaparecido, aínda que nesta xornada ampliarase o campo de acción.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE