O PPdeG buscará que o Hórreo demande a conexión de Lugo coa alta velocidade

|

Renfeave


O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Pedro Puy, destacou que a súa formación pedirá no pleno que arrinca este martes solicitar ao Ministerio de Fomento a conexión de Lugo cos servizos de alta velocidade ferroviaria, para o que demanda a inclusión de compromisos nos orzamentos.


A iniciativa defendida polos populares galegos busca insistir ante o Goberno central na necesidade de acometer, no menor prazo de tempo posible, un proceso de modernización da liña ferroviaria entre Lugo e Ourense, a través de Monforte.


Ademais, demanda ao Ministerio de Fomento que de prioridade aos investimentos que garantan a modernización e faciliten a conexión de Lugo cos servizos de alta velocidade ferroviaria, de forma que se garanta que os tempos de viaxe entre Lugo e Madrid se sitúen sobre as tres horas.

relacionada ​Lugo hace piña para reivindicar mejores servicios ferroviarios

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress