#Claves de la semana

Máis axudas para que as vítimas da violencia machista rompan co agresor

A Xunta aumenta a partida que posibilita a moitas mulleres rachar coa dependencia económica que a miúdo frea a separación.


|

016machismo


A Xunta ampliou a partida orzamentaria destinada ás axudas económicas para vítimas de violencia machista. Segundo a publicación do Diario Oficial de Galicia, a dotación orzamentaria amplíase na contía de 156.000 euros, unha cantidade que se suma aos máis de 728.000 dispostos na convocatoria publicada en abril para este ano 2016.


As axudas para as vítimas de violencia machista supoñen 3,4 millóns de euros nos orzamentos da Vicepresidencia para 2017. En particular, experimenta un impulso moi importante as axudas periódicas (61 por cento) froito do cambio lexislativo aprobado na pasada lexislatura e que supón que o prazo para a solicitude destas axudas manterase aberto todo o ano.


A prestación consiste nunha contía económica destinada directamente á beneficiaria, de carácter periódico, ata o máximo de 12 mensualidades.


O importe das axudas varían entre 300 e 800 euros/mes, en función dos ingresos da beneficiaria, e dos fillos menores e menores en acollida ao seu cargo, e de circunstancias de discapacidade.


A convocatoria tenta garantir ás vítimas de violencia machista unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación na que corren perigo.


As axudas convócanse anualmente desde o ano 2006.


PERFIL DAS BENEFICIARIAS


O ano pasado 339 vítimas de violencia machista residentes en Galicia recibiron esta modalidade de axudas. Delas, un 79 por cento eran de nacionalidade española e o resto, estranxeiras.


Por provincias, Pontevedra e A Coruña encabezan a listaxe con 133 e 132 perceptoras e axudas respectivamente en cada provincia, seguida de Ourense, con 48, e Lugo, con 26.


O perfil de idade maioritario é o de mulleres no rango de 26 a 45 anos, que representa o 64 por cento do total. Hai 203 beneficiarias que son nais e 25 teñen algunha discapacidade.

relacionada A sociedade galega clama nas rúas contra o machismo
relacionada "O entorno é fundamental" para axudar ás vítimas do machismo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE