#Claves de la semana

"O entorno é fundamental" para axudar ás vítimas do machismo

Desde o Executivo galego insisten en que "o máis importante é a denuncia cando unha muller está a sufrir acoso ou violencia".




|

Lopezabellaigualdade


Desde o Executivo galego apelan ao apoio social como indispensable nos casos de violencia de xénero. A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, instou este luns ás mulleres a denunciar "cando sufran acoso e violencia machista", tras os crimes ocorridos este fin de semana en Galicia.


"O máis importante é a denuncia, cando unha muller está a sufrir acoso, cando unha muller sofre violencia, neses casos debe de dar un paso e, polo menos informarse dos recursos que existen", dixo, antes de participar en Lugo na presentación do curso 'Sistema de protección á infancia e á adolescencia'.


López Abella lembrou tamén que "o entorno é fundamental", polo que instou ao apoio de veciños, contorna e medios de comunicación, aos que agradeceu a "visibilización" para "axudar a outras moitas mulleres dean o paso". "Hai que facelo con prudencia e con mesura para que as mulleres que sofren violencia nestes momentos saiban que contan con recursos e o apoio de toda a sociedade", ha inicado.


En canto aos casos de mulleres asasinadas en Galicia no que vai de ano, concretou que, polo momento, constatáronse tres, sumando os deste fin de semana ao asasinato dunha muller en Becerreá (Lugo). Paralelamente, "hai outros dous en investigación que aínda non se saben se foron froito da violencia machista".


Para as "novas xeracións", Susana López Abella aferrouse a "programas" como o que se presenta este luns para "dar instrumentos e pautas aos profesionais que están tanto nos centros de información á muller, como aos que están nos servizos sociais e aos profesionais nos centros de menores que están tutelados e que en moitas ocasións non saben como canalizar unha relación violenta".


Tamén indicou que a Xunta está "a formar a aquelas persoas que traballan directamente cos mozos", xa que "se están repetindo os estereotipos machistas nas idades máis temperás".


A secretaria xeral de Igualdade apuntou que "se ten que actuar aí, na escola". "Os profesores e profesoras detectan nas aulas comportamentos machistas e, o que é peor, as mozas consénteno e consideran que é por que as queren, co control da vestimenta, do 'Whatsapp' ou da hora onde estou e iso é porque me queren", dixo López Abella, que lembrou que "iso é o síntoma de que esa relación está enferma".

relacionada ​El detenido por el crimen machista de Vigo no ha confesado
relacionada ​Falece a muller apuñalada en Santiago pola súa ex parella
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE