#Claves de la semana

Senra destaca a importancia de levar a voz dos galegos a Europa

A europarlamentaria mantivo un encontro con veciños en Becerreá, aos que explicou a necesidade de "ocupar espazos en Europa". 


|

Lidiasenrabecerrea


A eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, destacou a "importancia" de que os asuntos que se debaten no Parlamento Europeo estean "na axenda" de Galicia dado que "máis do 80% das decisións que se toman a nivel institucional" e que afectan "ao día a día dos galegos" veñen das institucións europeas.


A europarlamentaria pronunciouse deste xeito durante un encontro con veciños en Becerrerá (Lugo), aos que explicou o seu traballo en Bruxelas e a relevancia de "ter presenza" alí para "dar as batallas" sobre cuestións que "se aplicarán nun futuro próximo" en Galicia.


"Paréceme moi importante que os asuntos que se debaten a nivel europeo se teñan aquí tamén en axenda e que os coñezamos para que teñamos a capacidade de reaccionar e manifestarnos cando sexan políticas que nos van a prexudicar", sinalou.


Neste sentido, puxo como exemplo de medidas que "afectarán moi negativamente" ás áreas de montaña galegas o tratado de libre comercio entre a Unión Europea e Canadá, que "abre os mercados á importación de carne de vacún" canadense.


"Nun contexto no que nós temos a cota de mercado cuberta, abrir as importacións á carne de Canadá repercutirá negativamente nos produtores de vacún de toda a Unión Europea", indicou.


Por iso, incidiu na importancia de "ocupar espazos en Europa" para "levar a voz" de Galicia e "defender que outras políticas son posibles".

relacionada Senra: "A cultura galega está a ser sometida a un baleirado económico"
relacionada ​Denuncian que o TTIP "sementará perdas" na agricultura galega
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE