#Claves de la semana

Senra: "A cultura galega está a ser sometida a un baleirado económico"

Unha delegación de 65 persoas da cultura galega desprázase a Bruxelas para visibilizar a situación do sector. 


|

Situacionculturagalegalidiasenrabruxelas

Unha delegación formada por 65 persoas pertencentes ao sector cultural galego chega este martes a Bruxelas para visibilizar a situación da cultura galega e denunciar que, "por ignorancia ou desinterese" das institucións, está a ser "agredida", do mesmo xeito que "está a ser agredida a idea dunha Europa dos pobos, xusta e solidaria".


Así llo van a explicar aos representantes da Comisión Europea, que recibirán este mércores á delegación galega dentro do Parlamento Europeo, no marco dunhas xornadas de exposición e debate organizadas pola eurodeputada Lídia Senra, representante de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), que se integra no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).


Antes da programación na Eurocámara, o mércores e o xoves, as actividades dentro desta misión a Bruxelas comezan xa este martes pola tarde, cunha gala de benvida no Centro Galego de Bruxelas A Tentation, no que, baixo o título 'Europa, capital Galiza', a partir das 18,00 horas, sucederanse diferentes presentacións e actuacións artísticas galegas, nun evento aberto ao público que desexe asistir.


A gala, presentada polo xornalista Camilo Franco, contará cunha intervención inicial da propia Lídia Senra, para despois dar paso á proxección do documental 'Porta para o exterior', coa presenza dos seus directores, José Ramom Pichel e Sabela Fernández; e, acto seguido, un recital literario no que intervirán Chus Pato, Oriana Méndez, Teresa Moure, Xabier Xil, Xavier Queipo e Xabier Cordal, acompañados por Abe Rábade ao piano.


A partir das 20,00 horas, a cantante galega Uxía subirá ao escenario, acompañada por Sergio Tannus, Sani Cribeiro, Isaac Palacín "e algunha sorpresa máis", segundo avanzan os organizadores. O espectáculo de Ruth Balbís de danza con DJ 'Give it a spin', da compañía Pisando Ovos, pechará o acto a partir das 21,30 horas.


DEBATE E REIVINDICACIÓN


Xa o mércores iniciaranse as xornadas de debate e reivindicación sobre a cultura galega no Parlamento Europeo, que se prolongarán durante todo ese día e ata o xoves ao mediodía. En diferentes mesas nas que se abordará a situación que atravesa a creación e distribución cultural galega, os dereitos da cidadanía para acceder á cultura e o dereito dos traballadores para vivir diso, a produción en lingua galega, a cultura de base, o patrimonio cultural, e tamén haberá tempo para intercambiar impresións con persoas de experiencias culturais de País Vasco e Irlanda.


O grupo de AGEe, en estreita colaboración con persoas do sector cultural galego, destaca que leva tempo traballando na organización desta viaxe. En palabras de Lídia Senra, "a cultura galega está a ser actualmente sometida a un baleirado económico e está a ser desprezada por parte de poderes neoliberais que en lugar de apostar por ela e de apoiar a riqueza cultural dunha nación como Galicia parecen estar máis pola súa afogamento e pola uniformidade".

relacionada O Culturgal pecha a edición deste ano con máis de 15.000 visitantes
relacionada ​O BNG denuncia a "política deliberada de asfixia" da Xunta ao sector cultural
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE