#Claves de la semana

​Arco Iris denuncia a "dobre vara de medir" da Xunta coas áreas metropolitanas

A asociación critica que o goberno impoña un Plan de Transporte á Coruña, que carece de Área Metropolitana, e esixa ao mesmo tempo que se paralice o proxecto de ordenación vigués


|

Areametropolitanavigo

Os servizos xurídicos de Arco Iris estudan a posibilidade de presentar un recurso contra o Plan de Transporte Metropolitano que deseña a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, capitaneada por Ethel Vázquez.


A xuízo da asociación ecoloxista, o plan "invade as competencias municipais na materia e forza unha coordinación inviable entre o transporte urbano e o interurbano".


Nun comunicado, asegurou que "chama a atención" que "mentres a Xunta impón o seu propio plan de transporte nunha comarca que non conta aínda con área metropolitana --en alusión á zona da Coruña--, ameázase a Vigo con acudir aos tribunais por non incorporar criterios de transporte no seu proxecto de área propia".


Así as cousas, considera que "a dobre vara de medir da Xunta non pode [...] impoñer un Plan de Transporte a unha cidade enteira que carece da figura de Área Metropolitana e esixir ao mesmo tempo que se paralice o proxecto de ordenación vigués".


Así mesmo, Arco Iris advertiu á conselleira Ethel Vázquez que "non atopará outra cousa que resistencia ás súas desatinadas intencións de impoñer á forza un plan que, na práctica, copiaría a mesma situación que di querer evitar en Vigo".


De igual modo, a asociación ecoloxista ha instado ao Goberno local coruñés e á oposición para "axuntar forzas para impulsar un Plan de Transporte adecuado e realista, pero sempre que, previamente, sexa aprobada a área Metropolitana".

relacionada Recrudécese a hostilidade entre a Xunta e Caballero pola Área Metropolitana
relacionada ​A Xunta rexeita rexistrar a área Metropolitana e nega validez a Caballero
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE