​Os aeroportos galegos captaron case medio millón máis de pasaxeiros

|

Aeropuerto 1


Os tres aeroportos galegos gañaron case medio millón de pasaxeiros no ano 2016 con respecto a 2015 e incrementaron un 8% a cifra de operacións.


Así o reflicten as estatísticas feitas públicas este mércores por Aena, que apuntan que os tres aeródromos galegos rexistraron subidas tanto en cifra de pasaxeiros como de operacións o pasado ano, especialmente relevantes no caso de Vigo.


En conxunto, fixeron uso dos aeroportos da Comunidade 4.528.037 pasaxeiros, o que supón case medio millón máis que durante o ano anterior, un 12% máis.


Así mesmo, estas instalacións operaron 48.469 voos, 3.665 máis que entre xaneiro e decembro de 2015, o que supón un incremento do 8% neste parámetro.


VIGO LIDERA As SUBIDAS


Por aeroportos, o crecemento máis importante foi o de Vigo, que rexistrou durante 2016 case un millón de pasaxeiros, un 33,7% máis que o ano anterior. Destes, 953.248 foron pasaxeiros comerciais, 887.996 en traxectos nacionais (un 31,8% máis) e 65.252 en traxectos internacionais (un 71% máis).


Así mesmo, Peinador operou ao longo do pasado ano 11.557 voos, un 20,6% máis que en 2015, dos que 8224 foron voos comerciais nacionais e 1.144 voos comerciais internacionais. Pola terminal de carga pasaron máis de 476 toneladas de mercadoría, un 11,3% menos.


MÁIS DE 2,5 MILLÓNS EN SANTIAGO


Pola súa banda, o aeroporto de Santiago superou en 2016 os 2,5 millóns de pasaxeiros, concretamente 2.510.740, o que supón un 9,3% máis que o ano anterior. Do total, 1.965.381 realizaron traxectos comerciais nacionais (un 11,3% máis) e 541.413 traxectos comerciais internacionais (un 2,9% máis).


En relación ás operacións, Lavacolla xestionou entre xaneiro e decembro 21.277 voos, un 3,6% máis. Destes, 15.201 foron voos comerciais nacionais e 4.263 voos comerciais internacionais. A terminal de carga manexou 2.296 toneladas de mercadoría, un lixeiro descenso do 0,6% con respecto ao ano anterior.


Finalmente, o aeroporto da Coruña rexistrou o pasado ano 1.063.291 viaxeiros, un 13,7% máis, dos que 933.535 foron de voos comerciais nacionais e 120.088 realizaron traxectos comerciais internacionais.


Ademais, Alvedro operou 15.635 voos, un 6,5% máis, dos cales 8.484 foron comerciais nacionais e 1.445 operacións comerciais internacionais. A terminal de carga coruñesa moveu máis de 184 toneladas de mercadoría, un 31% máis.


DATOS DE DECEMBRO


En canto aos datos do mes de decembro, o aeroporto de Vigo rexistrou un incremento na súa cifra de pasaxeiros do 11,6% con respecto ao último mes de 2015, ata os 63.361 usuarios. Así mesmo, operáronse 831 voos (un 18,2% máis) e transportáronse 38 toneladas de mercadoría (11,2% menos).


En Lavacolla experimentouse no último mes de 2016 un incremento do 6,1% na cifra de pasaxeiros, ata os 174.396; mentres que as operacións alcanzaron as 1.445 (-0,5%) e movéronse 231 toneladas de mercadoría (+0,1%).


Finalmente, 84.223 pasaxeiros elixiron A Coruña durante decembro, un 4% máis que o ano anterior. O aeródromo de Alvedro operou 1.165 voos (un 13,7% máis) e moveu 20 toneladas de mercadoría (un 16% máis).

relacionada ​Aena pecha o mellor ano da súa historia
relacionada ​230 millones de viajeros pasaron por los aeropuertos españoles en 2016

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress