​Aena pecha o mellor ano da súa historia

|

Aeropuertovuelos

Os aeroportos da rede de Aena pecharon 2016 con máis de 230,22 millóns de pasaxeiros, un 11% máis que no ano anterior, no que é xa o mellor ano da súa historia, tras bater o récord alcanzado en 2007, previo á crise (210,4 millóns de viaxeiros).


Durante 2016, operáronse 2,04 millóns de operacións, o que supón un aumento do 7,5% con respecto ao ano anterior. Este incremento viuse favorecido polo "excelente desenvolvemento de sector turístico no pasado exercicio", destacou Aena.


O 'boom' turístico propiciou que se superen as propias estimacións do xestor aeroportuario que prevía pechar o ano 2016 cun crecemento do 6,2%.


Do total de pasaxeiros rexistrados durante o ano pasado, 161,7 millóns realizaron voos internacionais (+12%) e 67,5 millóns foron voos nacionais (+8,8%). Dos máis de 230 millóns de pasaxeiros, 229 millóns corresponderon a operacións comerciais (-11%), segundo os datos publicados hoxe por Aena.


No último mes do ano 2016, contabilizáronse 15 millóns de pasaxeiros nos aeroportos de Aena, un 12,6% máis, e máis de 139.895 voos, un 6,5% máis.


O Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas foi a instalación que maior tráfico de pasaxeiros rexistrou de toda a rede, con 50,4 millóns de viaxeiros, un 7,7% máis que en 2015.


Seguiulle Barcelona-El Prat, segundo da rede, que logrou en 2016 o seu récord en número de pasaxeiros, con 44,1 millóns de viaxeiros, un 11,2% máis que un ano antes.

relacionada ​Os orzamentos da Xunta para turismo soben un 5%
relacionada ​230 millones de viajeros pasaron por los aeropuertos españoles en 2016
relacionada Aena aumenta case un 50% os seus beneficios ata setembro

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress