#Claves de la semana

​Heredeiros da Crus ofrecerán unha xira fóra de Galicia en febreiro

Teñen catro datas confirmadas: Bilbao (3 de febreiro, Sala Fever), Barcelona (4 de febreiro, Sala Sidecar), Madrid (10 de febreiro, Salga Caracol) e Ponferrada (18 de febreiro, Sala A Vaca).

 

|

Heredeirosdacrusxira

Heredeiros da Crus farán durante o mes de febreiro unha xira española coa que visitarán catro cidades fóra da súa Galicia natal, onde son todo un fenómeno desde a súa fundación en 1992.


Tras un parón de sete anos, o grupo regresou á actividade en 2012 e desde entón percorreu todo o circuíto musical galego enchendo cada un dos seus concertos.


Desde o seu regreso, o grupo non fixo ningún concerto fóra de Galicia. Por iso agora queren recuperar o contacto cos seus fans máis afastados doutros puntos do país.


As citas serán en Bilbao (3 de febreiro, Sala Fever), Barcelona (4 de febreiro, Sala Sidecar), Madrid (10 de febreiro, Salga Caracol) e Ponferrada (18 de febreiro, Sala A Vaca).


Entradas á venda en Ticketea por 12 euros máis gastos de xestión. O prezo de despacho de billetes será de 15 euros, informa Dotbeat nun comunicado.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE