Ethel Vázquez considera "irrenunciable" a chegada do AVE a Galicia en 2018

|

Ethelvazquez 1

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asegurou este venres que para Galicia é "irrenunciable" que o AVE chegue á Comunidade en 2018, aínda que admitiu que aínda hai que "esperar o que diga o Ministerio de Fomento" sobre os prazos.


Nunha entrevista concedida á Radio Galega, a conselleira lembrou que "hai que ter en conta que houbo un bloqueo político en España durante case un ano", o que "atrasou o desbloqueo de varios tramos".


En todo caso, e con independencia dos prazos, Vázquez destacou o compromiso do Goberno coa variante de Ourense, que o ministerio "ten planificada". "Hai que facela, pero que tampouco sexa impedimento para que o AVE chegue a Galicia e a Ourense", dixo.


Sobre a área metropolitana da Coruña, Ethel Vázquez resaltou que "non hai un acordo unánime de todos os alcaldes", algo que é "importante" para "chegar a consensos, por exemplo para evitar atascos en Alfonso Molina".


"Había un proxecto consensuado para ampliar a avenida, pero o Concello da Coruña opúxose e perdeuse moito tempo", indicou.


No caso de Vigo, a conselleira criticou que o alcalde, Abel Caballero, senta "cómodo na confrontación" e estea "a enviar mensaxes falsas de que a Xunta non quere mellorar servizos". "Seguramente iremos ao Contencioso primeiro, porque o propio alcalde dixo que fósemos se non estabamos de acordo e, segundo, porque non podemos permitir que os vigueses teñan un transporte metropolitano de segunda", resolveu.


A conselleira considera "un avance importante" a comisión bilateral con Fomento para abordar a xestión da autoestrada AP-9, aínda que reiterou que a Xunta "seguirá defendendo a transferencia" a Galicia desta infraestrutura. Do mesmo xeito, asegurou que "nas próximas semanas veranse avances na autovía da Costa da Morte, na da Estrada e na do Morrazo".

relacionada Caballero acusa a Feijóo de facer "mentir" aos alcaldes para bloquear a Área Metropolitana
relacionada De la Serna advierte que 2017 será "complicado" y reitera su compromiso con el AVE a Galicia
relacionada ​Nin prazos do AVE, nin traspaso da AP-9

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabecerarecomendados 1
Cabeceraultimahora
Cabeceralomasleido 1


Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress