Rubén Blades sóbese ao escenario da Quintana este domingo na única parada en Galicia da súa xira de despedida
O panameño Rubén Blades, considerado unha das figuras máis importantes da música latina, subirase este domingo ao escenario da Quintana, epicentro da programación musical das festas do Apóstolo de Santiago, que encaran as súas tres últimas xornadas.
Após protagonizar a apertura do Festival Jazzaldia de Donosti o pasado venres, Blades chega a Santiago na que pode ser a súa última visita a Galicia como músico, xa que a xira que o está levando por diferentes puntos da xeografía europea está chamada a ser o seu 'tour' de despedida.
O polifacético artista estará acompañado pola Roberto Delgado Salsa Big Band nunha Praza da Quintana que se encherá, xa que se esgotaron as 5.000 invitacións gratuítas que repartiu o concello compostelán.
As festas do Apóstolo chegan ao seu fin, pero para a súa recta final están preparados os pratos fortes da programación no tocante á música. Após Rubén Blades, o luns será a quenda dos australianos Wolfmother e, un día máis tarde, a revelación da música española Rosalía será a encargada de clausurar a edición de 2018 das festas compostelás.
Escribe tu comentario