Saída de vía en Pantón (Lugo) dun camión que transportaba máis dun milleiro de aves
Un camión que transportaba máis dun milleiro de pavos sufriu unha saída de vía cando circulaba na madrugada do venres polo termo municipal de Pantón (Lugo), segundo informou o CIAE 112 Galicia.
Moitos dos animais que viaxaban no vehículo morreron e outros resultaron feridos, polo que, segundo o 112, gran parte deles terán que ser sacrificados debido ás graves lesións que sufren.
O condutor do vehículo resultou ferido leve, con mazaduras nas costelas. O sinistro tivo lugar ao redor das 05,30 horas na estrada N-120 ao seu paso pola parroquia de Atán.
Até o lugar desprazouse unha patrulla da Garda Civil de Tráfico, que deron aviso a persoal especializado para que se faga cargo das aves que resultaron feridas o sinistro.
Escribe tu comentario