A segunda edición do Galician Freaky Film Festival mostrará 40 películas do 24 ao 26 de outubro en Vigo

A programación complétase con exposicións e música, e renderase homenaxe a 'Alien, o 8º pasaxeiro'

|

Organizadores del 2º Galician Freaky Film Festival

A programación complétase con exposicións e música, e renderase homenaxe a 'Alien, o 8º pasaxeiro'

A sala Videodrome, no mercado do Progreso de Vigo, acollerá do 24 ao 26 de outubro a segunda edición do Galician Freaky Film Festival (GFFF), que mostrará 40 películas de diferentes nacionalidades.

Juan de Castro, director do certame, confirmou que algunhas das pezas, que "veñen de Sitges ou de Nocturna" poderán verse en Galicia por primeira vez.

O GFFF inaugurarase este xoves 24 de outubro ás 19,30 horas, coa proxección do clásico de F.W.Murnau, con música en directo de Caspervek Ensamble. A continuación proxectaranse dous bloques de curtametraxes.

Ao día seguinte haberá diferentes pases agrupados por xéneros. Así, haberá un 'Serán de humor Freak Vol.1', un bloque de pezas "inexplicables" baixo o título 'Que carallo é isto?, e as pezas agrupadas baixo o epígrafe 'Noite de arrepío'.

O sábado volverán as risas co 'Serán de humor Freak Vol.2' e unha mostra de "frikismo do país", con películas galegas.

Para pór fin ao festival e trala entrega de premios, celebrarase o concerto dos Pontiaks, antes da festa de clausura do GFFF.

Unha das sorpresas do festival será a exposición de Alberto Hortas, un recoñecido profesional dos efectos especiais, que mostrará algúns dos seus traballos e protagonizará "unha masterclass en vivo". Hortas colaborou en películas como 'O espinazo do diaño', 'O labirinto do Fauno' ou o programa 'Muchachada Nui'.

Así mesmo, os asistentes poderán gozar tamén dunha mostra do 'art horror' a cargo do artista vigués Josef Méndez, que rende homenaxe aos clásicos do terror dos anos 80 e 90.

NOSTROMO
Ademais, os organizadores quixeron render homenaxe ao xa clásico de ciencia ficción 'Alien, o 8º pasaxeiro', no ano en que se cumpre o 40 aniversario da estrea da película.

Para iso, ademais de ter presente ao famoso alieníxena da saga no cartel do festival, converterán a sala Videodrome na nave espacial Nostromo, na que viaxaban os protagonistas do filme de Ridley Scott.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE