#Claves de la semana

Nava Castro presenta o libro "Gastronomia monacal en Galicia”

A publicación inclúe algunhas das mellores receitas concibidas nos fogóns monacais facendo un repaso polos principais pratos de repostaría da arte culinaria dos mosteiros.


|



Samos

Samos (Lugo).- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou hoxe o libro ‘Gastronomía Monacal en Galicia” no marco da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela. O acto contou tamén coa presenza da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, o Prior da Real Abadía de Samos, José Luis Velez, e o director do libro, Miguel Vila.


A dita publicación inclúe algunhas das mellores receitas concibidas nos fogóns monacais facendo un repaso polos principais pratos de repostaría da arte culinaria dos mosteiros. Así, o libro descubre os segredos das receitas para facer os tradicionais amendoados, as anguías de Nadal e de mazapán, as canas ou “canutillos”, as cocadas, a empanada de mazá, as cordiais, a crema de xemas, o brazo de xitano, as rosquillas de xema, as papas de recortes ou a pularda do convento, entre outros moitos manxares.


Así mesmo, o libro ofrece un percorrido pola historia dos numerosos mosteiros e conventos que encóntranse no paso das diferentes rutas do Camiño de Santiago.


Deste xeito, a publicación pon en valor a calidade culinaria dos cenobios que constitúen un tesouro para a nosa Comunidade e un importante elemento de dinamización económica y turística e, sen os cales, nos sería posible a longa tradición coa que conta a gastronomía de Galicia.


A gastronomía monacal é a base de moitos dos pratos típicos galegos actuais e de numerosas receitas enraizadas a nosa cultura. Unha cociña que foi evolucionando co tempo pero que nunca perdeu a súa esencia: a tradición de unhas saborosas receitas que conquistan os padais máis esixentes.


Neste senso, cómpre destacar que a gastronomía constitúe un dos motivos principais polos que os viaxeiros se achegan a Galicia.


Esta acción súmase as outras grandes publicacións relacionadas con San Francisco realizadas con motivo da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago. Entre elas, destacou a versión galega do libro “As Floriñas”, traducida do italiano medieval por Darío Xohán Cabana, un dos grandes expertos mundiais en literatura medieval italiana, e magnificamente ilustrada por Darío Basso, e o cómic de San Francisco de Asís, grazas ao cal podemos coñecer dunha maneira amena e divertida a vida do santo e a súa peregrinación a Santiago de Compostela.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE