#Claves de la semana
OURENSE DO 4 A O 8 DE MARZO

Xantar consolídase como plataforma de internacionalización da gastronomía galega

Galicia e Costa Rica estreitan lazos na promoción da gastronomía sostible


Onte o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu o acto inaugural da 16ª edición do único salón internacional de turismo gastronómico de España, que permanecerá aberto ata o domingo 8 en Ourense


|

Ourense,

Xantar abriu as portas da súa 16ª edición centrada na promoción da gastronomía sostible da que Costa Rica, país convidado, é un referente mundial. Contando coa presenza no salón de 10 países representados, Xantar comeza a súa segunda edición como a única feira de turismo gastronómico de España o que a posiciona como “unha ferramenta imprescindible para a internacionalización da gastronomía e do turismo galegos”, tal e como comentou o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, durante o acto inaugural que tamén indicou que “Xantar abre o camiño cara a internacionalización, tanto para lograr compradores nos mercados globais como para lograr visitantes que queiran vivir a experiencia de degustar os nosos produtos no seu ambiente natural”.


Costa Rica, país convidado



Onte foi o día adicado ó país convidado, Costa Rica, que participa no salón baixo o patrocinio da auga X-Pinner. As actividades vencelladas a este país celebradas hoxe incluiron un showcooking impartido polo chef encargado do restaurante no salón, Guillermo Castro, quen fixo unha maridaxe entre cociña tradicional costarricense e sidra galega. A participación deste país completouse cunha conferencia sobre gastronomía sostible e saudable impartida polo coordinador do Plan Nacional de Gastronomía deste país, Alejandro Madrigal.



E é que a gastronomía sostible está a ser o fío conductor desta 16ª edición que, ademais está a unir a Costa Rica, paradigma mundial da sostibilidade a todos os niveis, e á cidade de Ourense, a única española integrada na rede Europea de Cidades Sostibles, URBACT, a través de “ComeOurense”. Este proxecto centrou a conferencia inaugural do X Encontro Ibérico sobre Dieta e Turismo impartida pola relatora holandesa, Marianne Karstens, con 10 anos de experiencia na introdución de estándares de sostibilidade gastronómica multinivel, que indicou que “Apostar pola gastronomía sostible xa non é unha opción, é algo esencial para o noso futuro. Todo temos a responsabilidade compartida de asegurar a supervivencia ambiental do planeta para as futuras xeneracións. O xeito no que estamos xestionando os noso recursos alimentarios na actualidade é, claramente, insostible”.


Aulas Gastronómicas


Xantar conta por primeira vez con dúas aulas gastronómicas simultáneas nas que prestixiosos chefs de Galicia, Portugal e Costa Rica (país convidado) están a facer exhibicións de cociña en directo. Unha esta liderada pola Consellería de Medio Rural e Mar e a outra polo Grupo Cuevas.

Cuevas


Pola súa parte, o Grupo Cuevas trouxo ata Xantar ó chef Wilmer López que presentou as sorprendentes posibilidades da froita na cociña cotiá. “A sorprendente e innovadora combinación de froita con outros ingredie

o de froita no noso día a día”, explicou. Para este cociñeiro colombiano, invitado polo Grupo Cuevas, a través de Frunatur, o máis importante á hora de cociñar é “ver os productos máis alá do que nos ensinaron sobre eles”, de xeito que anima a todos os afeccionados á gastronomía a “probar con todo o que se lles ocorra” e expandir os seus horizontes culinarios. “Na nosa casa, cada un somos o noso rei e é unha boa oportunidade para analizar novos sabores cos que sorprender ós convidados”, explicóu. Wilmer López, que se formou na cociña tailandesa, incita a “perderlle o medo ás especias” e sinala entre as súas combinacións favoritas con froita as de coco e comino ou cacahuete e curri, demostrando así que nos seus predilectos están sabores “diferentes, que a xente aínda non probou”. A idea que transcende de toda esta filosofía é a de converter á froita en protagonista do prato para que todos poidan consumir incluso aqueles elementos gastronómicos dos que non están tan convencidos.ntes máis comúns nas comidas principais preséntase como un xito óptimo de aumentar o consum



Con esta primeira conferencia-degustación, o grupo Cuevas afonda na incorporación de froita e verdura como “elementos fundamentais para unha dieta sana e nutritiva”, en palabras do director xeral da compañía, Artur Yuste. Coa organización das ponencias na aula gastronómica de Xantar, Cuevas continúa o seu obxectivo de formar ós clientes para que “coman cada vez máis sano”.


Estrellas Michelín e Soles Repsol



Entre as actividades da xornada inaugural de Xantar destaca o acto de celebracion da  mesa redonda na que expertos de Galicia, Costa Rica, e Holanda, falaron sobre o papel da gastronomía sostible na restauración. 

Tiveron lugar o acto de recoñecemento aos dous restaurantes galegos que se incorporan o firmamento de Estrelas Michelín e de Soles Repsol. Os recoñecidos serán o restaurante A Nova en Ourense (Estrella Michelín) e o resturante A Gabeira de Ferrol (Sol Repsol). Con estas novas incorporacións, Galicia suma 12 restaurantes con Estrela Michelín e 23 con Soles Repsol.



Arrincan así cinco xornadas adicadas á promoción da gastronomía de calidade durante as que os visitantes ó salón poderán desfrutar dos produtos e servizos dos 140expositores, elixir entre 25 menús entre 12 e 30 euros e participar nas máis de 100 actividades organizadas.  

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE