#Claves de la semana
SEMANA SANTA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Os comparadores de prezos Trivago e Talk to TIM recomendan Santiago para Semana Santa

Trivago é o maior comparador de prezos do mundo e Talk to TIM é un comparador de prezos británico, especializado nos seguros de viaxes.


|


“Santiago ten un dos cascos históricos máis impresionantes de Europa, cun labirinto de lousas de pedra entrelazadas cun abundante estilo gótico. É moi recomendable un paseo nocturno, xa que as rúas medievais adquiren unha atmósfera de antigüedade cando oscurece. Comer é unha experiencia maravillosa e os locais de tapas son de lenda”.



Así presenta Santiago o comparador de prezos británico Talk To TIM no seu blog, nunha entrada titulada “10 top Spanish city break holidays”, publicada a comezos de mes na que recomenda a cidade como un dos principais destinos urbanos de España para unhas vacacións rápidas.



Trivago, o maior comparador de prezos de hotel do mundo, recomenda Santiago na súa versión española como un dos principais destinos para unha “escapada” nesta Semana Santa. En concreto, Santiago aparece nunha entrada do seu blog titulada “Mellores escapadas de Semana Santa 2015 en España”.



Trivago centra a súa recomendación nunha ruta cultural pola cidade, visitando a Catedral, o Centro Galego de Arte Contemporáneo, onde destaca as exposicións de Manuel Vilariño o Christian García Bello , a colección de arte de Afundación, e o Museo Fundación Eugenio Granell.



Santiago ofrece en Semana Santa unha síntesis de tradición, cultura e gastronomía. Neste ano haberá 17 procesións, complementadas por diversos actos litúrxicos e concertos especiais no marco da celebración do V centenario do nacemento de Santa Teresa de Jesús. 


Toda a información turística sobre a Semana Santa pode consultarse na web www.semanasantasantiago.com



A cidade acollerá unha nova edición de Músicas Contemplativas, que baixo o lema “Camiños...” ofrecerá 17 concertos entre o 27 de marzo e o 5 de abril en espazos singulares da cidade, como a Capela da Orde Terceira, os conventos do Carme de Arriba e de Santa Clara ou as igrexas de San Domingos de Bonaval, San Miguel, San Paio de Antealtares, San Fiz de Solovio e a da Universidade.



A cidade tamén acollerá entre o 27 de marzo e o 5 de abril a terceira edición de Santiago Pasión, programa gastronómico organizado pola Asociación Hostelería Compostela que ofertará menús de Semana Santa a un prezo fixo de 18 euros. Ademáis, no domingo de “Lázaro”, que da paso a Semana Santa, celébrase a Romería de San Lázaro, que inclúe a tradicional Festa da Uña na que participan 20 restaurantes que ofrecerán un menú para probar as uñas con chourizo, patacas e bertóns.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE