#Claves de la semana
20 aniversario da Ponte Internacional que une Salvaterra e Monção

A Xunta reitera o apoio a todas as iniciativas de cooperación transfronteiriza entre Galicia e Portugal norte

Alfonso Rueda asistiu hoxe á sinatura do Protocolo de Irmandamento entre Monçao e Salvaterra de Miño


Ambos concellos pretenden constituírse como a terceira Eurocidade da «raia» luso galaica, despois das de Chaves-Verín e Tui-Valença


Cúmprese tamén o XX aniversario da Ponte Internacional do río Miño que uniu a ambas localidades


|

11078111_954684447885002_1809092036284769054_n.jpg

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda reiterou o apoio do goberno galego a todas as iniciativas de cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal e salientou que a xestión compartida de servizos e proxectos aporta beneficios directos para os cidadáns dun e doutro lado da raia.


Alfonso Rueda, acompañado do Secretário de Estado dos Negócios Estrangeiros e Cooperação do goberno portugúes, Luis Campos Ferreira, e dos alcaldes de Monçao e Salvaterra de Miño, Augusto Domingues e Arturo Grandal, respectivamente, asistiron hoxe aos Actos do XX aniversario da Ponte Internacional do río Miño e á posterior sinatura do Protocolo de Irmandamento entre Monçao e Salvaterra de Miño.


Alfonso Rueda amosou o total apoio da Xunta con todas as iniciativas de cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal, cuestión pola que tamén aposta a Unión Europea ao primar no seu reparto de fondos os proxectos conxuntos.


O protocolo que hoxe se asinou entre ambos concellos prevé a promoción do turismo, aproveitando os recursos naturais e a súa situación no val do Miño, a divulgación do Patrimonio histórico artístico de ambos concellos, así como a colaboración e o fomento do conxunto de instalacións deportivas, empresariais e culturais. Ademais, da promoción da viticultura, a enoloxía e a gastronomía local.


A sinatura deste Protocolo é unha mostra clara da aposta por unha integración socioeconómica e cívica total. Dende a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, a través da AECT, apostase por traballa

r na liña desta iniciativa, para fornecer de servizos de calidade aos seus conveciños que creen conciencia de unión.

Unha das principais liñas de traballo da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT) é o achegamento das administracións locais de ámbolos lados da fronteira. Así, no ano 2013 asináronse os irmandamentos entre Lalín e Cabeceiras de Basto e en 2014 entre Caldas de Reis e Vizela. Tomiño e Vilanova da Cerveira son beneficiarios dun programa “Europa dos cidadán”, cunha candidatura elaborada pola AECT. Estase a auspiciar a sinatura dun irmandamento este ano entre Baião e Moraña, e outro entre Arteixo e Famalicão. E continúa o traballo coas Eurocidades (nomeadamente coa Eurocidade Tui Valença, xa que a Eurocidade Verín-Chaves conta coa súa propia AECT).


XX aniversario Ponte Internacional

10931139_954684154551698_9181586744812469931_n.jpg


Cómprense hoxe 20 anos da entrada en funcionamento da Ponte Internaciona

l entre Salvaterra e Monçao, que uniu dúas localidades que dende hai séculos mantiñan unha estreita relación social e comercial. Durante o acto foron descubertos dous monolitos conmemorativos e a Ponte pasará a denominarse "Ponte Internacional Jo

âo Verde e Amador Saavedra" en homenaxe a dous escritores que plasmaron cos seus poemas o sentimento de unión entre os dous pobos

.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE