#Claves de la semana

Xunta e Goberno cubano estreitan as relacións para o intercambio económico en sectores estratéxicos

Defende o "compromiso da Xunta" para "atender as necesidades" dos galegos residentes en cuba así como "a especial relación de irmandade entre os dous pobos"


Beiras ironiza con que "José Antonio Primo de Rueda visite un país "totalitario" como Cuba



|

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o embaixador de España en Cuba, Juan Francisco Montalbán, mantiveron hoxe un encontro co primeiro viceministro de Relacións Exteriores cubano, Marcelino Medina, no que lle expuxeron a súa pretensión de seguir consolidando as “magníficas” relacións entre Galicia e Cuba para favorecer o intercambio económico en sectores estratéxicos, nos que os galegos contan cunha ampla experiencia.


Rueda cualificou este encontro como moi frutífero e destacou a importancia a nivel económico e comercial de que as empresas galegas estean ben posicionadas agora que o país vive un “momento histórico” no proceso de actualización da súa economía. “Nos últimos anos a economía galega se ten aberto ao exterior, pero agora ten que ter un impulso especial naqueles países nos que, como Cuba, estamos en situación de vantaxe, pola importante cantidade de galegos asentados aquí ao longo da súa historia”.


Por iso, entregoulle ao viceministro cubano dous memorandos nos que se explica a ampla experiencia e competitividade das empresas e instititucións galegas en sectores estratéxicos como a xestión das recollida de lixos e o ciclo da auga; a rehabilitación; as enerxías alternativas ou o sector agroalimentario, este ultimo xa plantexado polo propio presidente Alberto Núñez Feijóo na súa visita anterior á illa caribeña, en decembro de 2013.


Rueda e o secretario xeral de Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda, atópanse de viaxe institucional en Cuba, onde onte mesmo mantiveron un encontro cos presidentes das sociedades galegas na Habana e participaron na inauguración do festival `La Huella de España´, que este ano esta dedicado a Galicia, o que da unha mostra do importante peso que o colectivo galego ten en Cuba.


Consello Galego de Comunidades na Habana


Precisamente por esta enorme presenza de galegos no país, Rueda e o viceministro de Relacións Exteriores cubano, Marcelino Medina, abordaron tamén a posibilidade dunha futura visita do presidente da Xunta en setembro deste ano para celebrar na capital cubana o Consello Galego de Comunidades. A idea é que este encontro sexa no Centro Galego da Habana, “en edifico emblemático e cun innegable simbolismo para a historia da emigración”, que este ano cumpre o seu centenario.


O vicepresidente da Xunta, en colaboración coa Embaixada española, seguirá a súa rolda de contactos con autoridades cubanas e esta mesma tarde ten previsto reunirse cos primeiros viceministros de Comercio Exterior e Cultura, Antonio Carricarte e Fernando Rojas, respectivamente. A súa axenda oficial rematará posteriormente, na inauguración da exposición “Memorias da peregrinación. Camiño de Santiago, primeiro itinerario cultural europeo”, na Basílica Menor do Convento San Francisco de Asís da Habana.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE