#Claves de la semana
Sabores de Ourense Primavera 2015 do 24 de abril ao 10 de maio

Arranca a edición de primavera do concurso de pinchos Sabores de Ourense

Dente hoxe 24 de abril ata o 10 de maio, medio centenar de locais participarán neste certame


|


concurso_pinchos_sabores_pr.jpg

Dente este venres ata o 10 de maio, medio centenar de locais participarán neste certame Dentro da múltiple oferta de ocio que presenta a cidade de Ourense, a Concellería de Turismo do Concello de Ourense presentou esta mañá unha das máis importantes pola súa tradición e participación do público: o concurso de pinchos Sabores de Ourense Primavera 2015. A concelleira de Turismo, Mónica Vázquez, deu o pistoletazo de saída destas dúas semanas [do 24 de abril ao 10 de maio] nas que ata 50 locais da cidade ofrecerán as súas mellores propostas gastronómicas en pequeno formato. O lugar elixido para a presentación é toda unha declaracións de intencións: o Tapa Negra, local gañador do último concurso, que nesta edición participa co pincho Traspés.


O concurso de pinchos ten para a cidade e o atractivo que supón para os seus visitantes: “A marca #saboresdeourense afiánzase como unha fortaleza turística xunto ás xa recoñecidas do termalismo, o patrimonio cultural e artístico das que nos sentimos plenamente orgullosos”, confirmaba Mónica Vázquez. “Mantemos o número de participantes respecto a edicións anteriores, gañando adeptos para a causa, unha oferta máis que variada para o público ourensán e todos cantos nos queiran visitar. Pero renovamos a aposta pola calidade das propostas”, afirmou a responsable de Turismo, que tamén quixo agradecer o apoio e complicidade da Unión de Hosteleiros de Ourense (UHO) na xestión do concurso.


O secretario da UHO, Javier Outomuro, incidía pola súa parte na “profesionalización do concurso coa a idea de que os locais participantes se involucren de maneira activa, e non só creando o mellor pincho posible de modo que o turista sinta a entrega dos hosteleiros de cara a este concurso”. Desde a asociación profesional destacouse tamén a importancia do desenvolvemento da marca Sabores de Ourense, de forma que “ano tras a ano se revalorice con todas as actuacións relativas á promoción da gastronomía”. 


Así, xunto aos responsables de Turismo e da UHO, tamén asistiron Benjamín Vázquez, xefe de márqueting do grupo Coren, e Roberto Goñi, xerente do Consello Regulador da DO Ribeiro, marcas ambas que souberon entender a importancia da iniciativa empresarial neste tipo de certames, e que este ano colaboran co SaboresdeOurense como patrocinadores do mesmo.


O concurso


Como en anos anteriores, o custe do pincho non supera os 2,50 euros e a maioría dos locais elaboran bocados aptos para celíacos ou adaptables para eles. Así mesmo, na páxina web de saboresdeourense.turismodeourense.com/primavera2015 inclúese información sobre os alérxenos dos alimentos. Na categoría de votacións, seguirá habendo tres xurados: o profesional, con recoñecidos nomes do mundo da cociña, o da prensa, e o do público, que só por participar entra no sorteo de diversos premios cedidos polos patrocinadores e colaboradores do concurso. Poderano facer de dúas formas diferentes: a través da papeleta tradicional, logo de probar tres pinchos, e, como novidade desta edición, tamén a través dos seus teléfonos móbiles e tabletas grazas a unha innovadora app que se poderán descargar gratuítamente tanto para as plataformas de iOS coma de Android. 


Igualmente, os organizadores animan o público a subir os seus pinchos favoritos á rede acompañados do hashtag #saboresdeourense. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE