#Claves de la semana
MAIS DE 10 ANOS DE DEBATEN QUE SE PECHAN CON ESTE ACORDO MARCO

O profesorado das universidades da Coruña e Vigo poderá impartir Medicina en Santiago

Supón unir as forzas dos profesionais da UVigo e da UDC e dos grandes hospitais universitarios galegos para mellorar a formación do alumnado no grao en Medicina da USC


O grao, que incrementará o seu alumnado de primeiro ano, en 360 plaas determinará as áreas e materias nos que impartirá este profesorado colaborador


|


                       Os conselleiros de Cultura, Román Rodríguez, e de Sanidade, Orballo  Mosquera, cos reitores da USC, Juan Viaño, UDC, Xosé Luís Armesto, e UVigo e  Salustiano Mato.


Profesorado das Universidades de A Coruña e de Vigo poderá colaborar e impartir docencia clínica no grao de Medicina, tras un principio de acordo alcanzado entre as tres institucións académicas do Sistema Universitario de Galicia, a Consellería de Sanidade e o departamento de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.


AVANCE PARA GALICIA


Este acordo, que recoñece á USC como titular “exclusiva” da “única facultade de Medicina” e o “único grao” en toda Galicia, permitirá “a partir do curso 2015-2016″ que profesorado que imparte aulas en titulacións da UDC e a UdV relacionadas con este campo “poidan colaborar” na docencia clínica, ata agora impartida por profesionais dependentes de Santiago."


As condicións determinaranse nun próximo convenio que “definirá o alcance” deste traballo conxunto e que podería permitir que os docentes colaboradores de A Coruña e Vigo impartan clase na propia Facultade de Santiago de Compostela, que á súa vez verá incrementado o seu número de prazas de novo ingreso ata os 360 alumnos.


A Facultade de Medicina disporá dun número de efectivos das outras universidades que se determinará no Consello para a Coordinación da Docencia Clínica de Galicia. Unha comisión técnica, conformada por unha maioría de docentes da USC, analizará e avaliará que o profesorado proposto reúna as condicións necesarias.


Deste modo, será a mesma Facultade de Medicina quen determine “para cada curso académico” as áreas, materias e créditos nos que impartirá este profesorado que, salvo acordo expreso, “non poderá superar un máximo que se fixará en torno ao 15 por cento das necesidades de PDI que teña a USC na área afectada”.


Os reitores tamén avanzaron a posibilidade de que se “descentralice antes” a docencia clínica ata agora limitada ao sexto ano de carreira e que se empezará a aplicar a partir do terceiro curso, algo que tamén estará regulado no mencionado convenio.


Ademais, tenderase a que sexan profesores adscritos de ciencias da Saúde (PACS) da UDC e da UdV, que figuren adscritos aos seus respectivos Institutos de Investigación Biomédica, os que impartan nos hospitais universitarios da Coruña e Vigo as materias de práctica clínica e rotatorio do último curso de grao.


AUTONOMÍA DA USC


O acordo explicitar á súa vez que a USC conservará a “súa autonomía para definir as súas necesidades de profesorado no grao de Medicina” sen que a colaboración coas outras dúas universidades “poida afectar á política de prazas” de Santiago. Por outro lado, as comisións de selección do profesorado colaborador deberán contar con polo menos un profesor da correspondente especialidade da Coruña e Vigo.


O convenio indica, ademais, que a USC poderá contar como persoal propio con profesionais sanitarios dos hospitais universitarios de Santiago, A Coruña e de Vigo en condición de contratados como PACS.


Así mesmo, os PACS da USC que teñan condición de investigador principal ou coordinador dun proxecto ou grupo vinculado a unha área científica propia do Inibic e o Inibiv poderán solicitar a subrogación do seu contrato na UDC ou a UdV. Do mesmo modo, tamén se abre esta posibilidade para aqueles PACS que desempeñen un cargo directivo na estrutura de goberno dos citados institutos.


Finalmente, o acordo marco entre as tres universidades permitirá formalizar o recoñecemento curricular na carreira docente para persoal de hospitais universitarios que tomen parte na docencia do grao de Medicina como titores clínicos. Así mesmo, modificaranse os concertos existentes entre as institucións académicas e o Sergas para adaptarse a estas novas circunstancias.


MÁIS DE 10 ANOS DE DEBATE


A sinatura deste acordo formalízase tras anos de debate e disputas en torno á extensión da titulación de Medicina ás outras universidades do Sistema Universitario galego. De feito, nun acto celebrado no Colexio San Xerome de Santiago, os conselleiros Román Rodríguez e Mosquera e os reitores das tres universidades galegas destacaron o carácter “histórico” deste.


O reitor coruñés, Xosé Luis Armesto, valorou “o espírito” deste acordo na liña da creación do Sistema Universitario Galego e unha vía para “optimizar recursos” tanto dos centros hospitalarios coma dos profesionais docentes para “mellorar a calidade” da titulación.


Salustiano Mato, incidiu en que a colaboración permitirá “dar músculo e proxección” ao SUG e “mellorar a asistencia sanitaria” de Galicia a través da formación, destacando que “todos os facultativos terán o mesmo recoñecemento” e a “mesma posibilidade” de colaborar, algo que “non é banal”.


O reitor da USC, Juan Viaño, destacou este acordo “moi grande” en relación cunha titulación que suma xa “300 anos” de impartición, e que agora se abre á colaboración ante a “alta demanda”, as necesidades formativas e os “tempos novos”, para “intentar aproveitar e optimizar os recursos”.


“É un exercicio de responsabilidade”, incidiu Viaño, quen agradeceu o traballo “de todos” para chegar a este principio de acordo e ante o traballo que queda por realizar “nos próximos meses”.


A titular de Sanidade, Orballo Mosquera, agradeceu pola súa parte “este acto de xenerosidade e traballo conxunto” que levou a “un momento histórico” co obxectivo de “dar músculo” á “única facultade” de Medicina de Galicia, grazas á colaboración dos hospitais universitarios.


Así mesmo, o responsable de Educación, Román Rodríguez, destacou que este acordo mostra que prevalecen “os intereses xerais sobre os intereses particulares” e que “traballando xuntos Galicia é máis forte”.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE