Adolfo Domínguez pechou 53 tendas en España e Portugal
Planea un ERE, para garatir sua viavilidade futura

Adolfo Domínguez rexistrou unhas perdas netas atribuídas de 11,03 millóns de euros no seu exercicio fiscal 2014-2015, pechado o pasado 28 de febreiro, o que supón elevar nun 7,5% os ‘números vermellos’ de 10,26 millóns de euros contabilizados o ano anterior, segundo informou este xoves a compañía, que pechou un total de 53 tendas en España e Portugal nun ano.
Os ingresos descenderon un 8,2%, ata 121,54 millóns de euros, debido ao impacto do plan de reestruturación, que prevé o fin de actividade daqueles puntos de venda que sen ser estratéxicos non rexistren un resultado bruto de explotación (Ebitda) positivo.
O resultado bruto de explotación (Ebitda) axustado foi negativo en 1,64 millóns de euros, o que supón un aumento do 50,9% respecto ao logrado un ano antes.
A 28 de febreiro, o grupo contaba con 579 tendas (235 no exterior), tras pechar durante o exercicio 53 establecementos en España e Portugal e outros 17 no exterior.
A empresa galega subliñou que continúa apostando por mercados internacionais que deron un “grande comportamento” ao mercado en trimestres anteriores como é o caso de México. A posición financeira neta mellorou nun 20% con respecto ao exercicio anterior, ata os 7,9 millóns de euros.
Escribe tu comentario