#Claves de la semana
O AEROPORTO DE PORTO COMPLEMENTARIO DO DA CORUÑA, SEGUN NEGREIRA

"Sá Carneiro de Porto (Portugal) é o maior aeroporto de Galicia"

O alcalde do Porto presume de que o aeródromo da cidade portuguesa hai dez anos non era nada, era máis pequeno que o de Vigo, "e agora ten máis de sete millóns de pasaxeiros"

O rexedor da Coruña nega que haxa competencia e sostén que Alvedro e Sá Carneiro son "complementarios" porque están a tres horas por estrada


|

O alcalde do Porto, Rui Moreira, asegurou este mércores na Coruña que o aeroporto da súa cidade "é o maior de Galicia", á vez que resaltou o"traballo de cooperación" entre Galicia e a cidade portuguesa.


Así respondeu ao ser preguntado pola competencia entre o tres aeroportos galegos e o de Sá Carneiro, na cidade portuguesa nunhas declaracións que Rui Moreira realizou coincidindo coa súa visita á cidade coruñesa. Alí, mantivo un encontro co alcalde da Coruña, Carlos Negreira, para pór en marcha medidas conxuntas de promoción turística.

"Neste momento o aeroporto do Porto é o maior aeroporto de Galicia", afirmou o rexedor portugués ao ser preguntado pola competencia deste cos aeroportos galegos.

Para Moreira, todo é "un traballo de cooperación", pois, segundo indicou, eles non contan con outras infraestruturas das que si que dispón Galicia. "Temos que cooperar, non temos que ter todo igual en todas as cidades", asegura.

"COMPLEMENTARIOS"

Moreira indicou que o do Porto é "un aeroporto privado que fai dez anos non era nada, era máis pequeno que o aeroporto de Vigo, e agora ten máis de sete millóns de pasaxeiros".

Tras as palabras do alcalde do Porto, o seu homólogo na Coruña asegurou que non hai competencia e que Alvedro e Sá Carneiro son "complementarios", pois, segundo apuntou Negreira, entre ambos os aeródromos hai unha distancia de tres horas por estrada. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE