#Claves de la semana
Feijoo no acto de pegada de carteis en Vigo

Feijóo di que merecerá a pena votar ao PP para seguir avanzando e evitar así retroceder

O líder dos populares galegos participa no acto de pegada de carteis en Vigo, inaugurando así a campaña electoral do PPdeG de cara ás municipais


|


img_18649.jpg

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe que merecerá a pena votar aos populares para seguir avanzando na dirección axeitada e evitar así retroceder e volver á inestabilidade.


Así se expresaba o dirixente popular no acto de pegada de carteis en Vigo, onde asegurou que mereceu a pena o voto ao PP polo acadado en España, Galicia e nos concellos durante estes anos; porque a anterior política económica do desastre está cambiando; porque Galicia recuperou o protagonismo e o sentido común e porque agora nos concellos hai máis capacidade para resolver os problemas que hai catro anos.


Segundo salientou, hoxe todos os partidos prometen máis que hai catro anos porque neste tempo houbo un partido que fixo máis que os demais para que fora posible: o Partido Popular.A este respecto, Feijóo asegurou que os populares non son arrogantes pero durante os últimos anos, cada día, con humildade, intentaron que o voto dos que confiaron neles merecera a pena, pero sobre todo, que merecera a pena para todos os cidadáns de España, de Galicia e de cada un das cidades e concellos do país.


Votar "por catro anos"


O presidente dos populares galegos advertiu que o do 24 de maio será un voto para catro anos e as opcións son ou seguir pola liña ascendente na que estamos, mellorando cada día, ou repetir cada día a política de Zapatero en 2008,2009,2010 e 2011, repetir o espectáculo de socialistas e nacionalistas en Galicia en 2005, 2006, 2007, 2008 e 2009 pero agora multiplicado por máis partidos e máis inestabilidade.


Segundo lembrou, apostar por outra opción que non sexa o PP supoñerá o retroceso de volver a ter por diante catro anos que xa se viviron e que tanto custa superar.


Con respecto a isto, o presidente do PPdeG puxo de manifesto que hai catro anos apostouse polos populares para que houbera un cambio económico, para que houbera normalidade nos concellos e se desenvolveran proxectos, e alí onde gobernaron colaborouse con esa causa para sacar ao país da crise, para devolver a estabilidade aos municipios, e creáronse modelos de concello e de cidade.


Polo tanto, os populares preséntanse a favor da recuperación e non contra ninguén; para servir á xente con humildade e non para alimentar a soberbia e para, desde a maioría, gobernar para todos, non para, desde a minoría, falar en nome de todos.


Segundo engadiu o líder do PPdeG, este 24 de maio poderase votar aos que nunca fixeron nada ou aos que o deron todo; aos que fixeron mal ou aos que acadan resultados; aos que se enfrontan a todos ou aos que tratan de conseguir cousas xuntos; a gobernos que pelexan entre si ou a gobernos que pelexan contra a crise.


Pola súa banda, Feijóo pediu votar para que os próximos catro anos continúe a liña ascendente e para que os gobernos non se dediquen a outra cousa que non sexa gobernar. Así, pediu apostar pola opción que máis estabilidade pode aportar e que gobernará para todos: o Partido Popular.


Goberno para todos


Feijóo asegurou que os gobernos do PP só se deben á xente e asegurou que gobernan para todos, centrándose no que importa a todos e para que todos conten con servizos públicos, con concellos para ser vividos e non sufridos e fixo fincapé en que tamén gobernan contando con todos, fomentando a participación dos cidadáns, a transparencia e estando á altura das súas esixencias.


Segundo o líder do PPdeG, os populares preséntanse para conseguir a confianza da xente e non para participar nunha subasta de cargos con outros partidos. Como asegurou, farán o que lles pida a xente se a xente lles pide que gobernen e propoñen unha única coalición, que é cos veciños, cos galegos e cas galegas.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE