#Claves de la semana
DEIXARÁ O DOMINIO '.ES'

A Xunta consolida o '.gal', que estenderá a todas as súas iniciativas web e correos corporativos

Feijoo afirma que .gal é unha oportunidade para dar a coñecer Galicia no mundo; “unha oportunidade que debemos aproveitar todos os galegos e que vai aproveitar a Xunta


|

O Goberno galego deixará o dominio '.es' e "consolidará" o '.gal' en todas as súas iniciativas web, así como nas direccións dos correos electrónicos corporativos da Administración autonómica. Farao mediante un proceso "paulatino", para non sumar custos adicionais, que ten como "prazo máximo de adaptación" o final do ano 2016.


Na semana do 17 de maio, Día das Letras Galegas, e despois de que na pasada xornada o presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero, cargase contra a actitude da Xunta en relación á lingua ao asegurar que o PP "non veu ao mundo a salvar o galego", o presidente, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este paso.

"Queremos consolidar o '.gal' como dominio de referencia para dar a coñecer a Galicia no mundo", proclamou Feijóo, quen destacou que a galega é a terceira autonomía, tras Cataluña e Euskadi, que decide dar este paso e deixar o '.es' para adoptar nas súas iniciativas web o dominio ligado á propia comunidade.

O decreto aprobado polo Executivo autonómico determina un novo modelo de presenza na rede para a Administración autonómica, que establece a adopción do dominio '.gal' para todos os portais institucionais que se estruturan arredor de 'xunta.gal'.

Esta será a porta de entrada a todos os espazos e servizos web sociais e participativos dos organismos e entidades que integran o sector público autonómico. Dende a entrada en vigor do texto, todas as novas iniciativas web da Administración deberán usar o '.gal'.

APOIO DA XUNTA AO '.GAL'

Feijóo destacou que, "dende o principio", o seu Goberno apoiou esta iniciativa. Foi o 25 de xullo de 2014 cando entraron en funcionamento os primeiros dominios '.gal', como resultado dun proceso de oito anos impulsado pola Asociación puntoGal, que contou coa "implicación" de diversas institucións, entre elas a Xunta.

O presidente incidiu en que, á marxe do apoio "institucional e financeiro" que prestou a Administración autonómica ao proxecto, tamén foi unha das entidades pioneiras que na xornada de activación puxo en marcha nove dominios '.gal' en internet.

Ao obxectivo de alcanzar un dominio en galego adheríronse máis de 14.000 cidadáns, 114 institucións das máis diversas disciplinas, xunto con máis de 20 centros de emigrantes doutras comunidades e doutros países como Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Bélxica, Arxentina, Estados Unidos, Uruguai ou Brasil. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE