#Claves de la semana
"QUE ME DIGAN CÁL É A MAZÁ NON PODRECIDA"

Beiras pide "botar" do poder "a toda a morralla de esterco contaminado"

Para o portavoz de Anova o proceso enxendrado polas mareas será un éxito se as eleccións locais se entenden como unha especie de primeira volta que continúe co obxectivo posto nas vindeiras eleccións xerais.


|

O voceiro nacional de Anova-Irmandande Nacionalista, Xosé Manuel Beiras, cualificou de "morralla de esterco contaminado" ao PP e instou a cidadanía a "botalos do poder" nestas eleccións municipais.


"A ver se dunha vez somos capaces de organizar a grande bala que bote deste país a toda a morralla de esterco contaminado que está dende Moncloa ata os municipios", dixo Beiras durante un mitin en Arteixo (A Coruña).


Na mesma liña, defendeu que as municipais deben ser "a bóla de neve" que sirva para derrotar ao PP nas eleccións xerais e, por iso, pediu o voto para as candidaturas de Anova como a que arroupou, coa súa presenza, en Arteixo (A Coruña).


No seu discurso, lamentou, por outra parte, que fracasase a pretensión que, no seu día, el mesmo tratou de auspiciar, para constituír "unha grande alianza" co obxectivo de dar, segundo dixo, "a liquidación a esta España", apuntou sobre o actual modelo social e económico.


Beiras arremeteu, ademais, contra as políticas do PP, aínda que tamén tivo palabras de crítica para o PSOE. "Que non é o mesmo, pero pouco lle falta", sentenciou.


O PARLAMENTO, "CASA DE MORTOS"


Na súa intervención, catalogou tamén de "casa dos mortos" o Parlamento galego e chegou a considerar "morralla" os seus membros, dos que excluíu, expresamente, os traballadores do Pazo do Hórreo.

"E un edificio, pero non un Parlamento, manifestou ao definilo tamén como unha especie de cárcere. Nos mesmos termos, chegou a comparar o seu funcionamento e, en particular a actuación da súa presidenta, Piar Vermello, co "máis duro nacionalcatolicismo".

CORRUPCION


Beiras aludiu no seu discurso aos casos de corrupción que salpican ao PP. "Que me digan cál é a mazá non podrecida", sinalou recordando os casos de Valencia.


Dos populares, dixo tamén que "reencarnan os nazis nunha versión ruda porque, ademais de nazis, son necios", sinalou. Mentres, advertiu de que Galicia pode desaparecer do mapa como realidade" e acusou o PP de "extinguir""campesiños e mariñeiros" coas súas políticas nesta materia.


Por todo iso, chamou a mobilizarse o próximo 24 de maio para "botar do poder" os que cualificou como "especie de pirañas".

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE