#Claves de la semana
REUNIÓN DO COMITÉ DE DIRECCIÓN DO PPdG

Núñez Feijóo anuncia cambios no PPdeG

Avanza "unha renovación de equipos, de políticas e de actitudes" nas filas populares


|

O presidente da Xunta e xefe de filas do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, defendeu este xoves, ao termo do comité de dirección, que o seu partido necesita "unha renovación de equipos, de políticas e de actitudes".


É a conclusión que extraeu a plana maior dos populares galegos do resultado das eleccións municipais do pasado domingo, de modo que Feijóo asegurou que estas afirmacións non quedarán "en palabras", senón que "haberá feitos".

Dentro da folla de ruta marcada, nas próximas dúas semanas celebraranse xuntas directivas provinciais e abrirase un período para "congresos ordinarios e extraordinarios a todos os niveis", as datas dos cales se coñecerán tras a constitución das corporacións o próximo día 13.

"É o momento de preparar os equipos e de dar entrada ao relevo xeracional no partido", sostivo ante os xornalistas tras especificar que conclaves para a renovación serán a nivel local, provincial e autonómico. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE