#Claves de la semana
ELECCION MUNICIPALES 2015

Baltar cambia nove dos 14 deputados do PP que herdara

Permanecen Rosendo Fernández, Plácido Álvarez, o alcalde de Baltar, o rexedor de Avión e el mesmo


|

11112015MBDeputacin.jpg

O futuro presidente da Deputación de Ourense e presidente do PP provincial, José Manuel Baltar, substituíu nove dos 14 deputados que herdara do equipo do seu pai no anterior mandato e, para anuncialo, deu a coñecer os elixidos a través de varios 'tuits'.


Os designados e publicados son un por cada partido xudicial salvo polo de Ourense, representado por oito. Trátase do propio José Manuel Baltar --edil en Esgos--; o exvicepresidente e agora edil da Merca, Rosendo Fernández; o responsable da campaña electoral e futuro concelleiro de Ourense, Jorge Pumar; o edil de Pereiro de Aguiar, Manuel Doval; a número un de Barbadás, Consuelo Vispo; o alcalde de Baltar, José Antonio Feijóo --que repite--; a edila de Xinzo de Limia Monserrat Lama e o de Quintela de Leirado, Pablo Pérez.

Ademais, polo partido xudicial de Verín, designou a próxima alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino, filla do anterior alcalde e histórico do partido; polo do Barco de Valdeorras, o próximo alcalde de A Veiga, Juan Anta; polo de Bande repite o alcalde de Muíños, Plácido Álvarez Dobaño; do partido de Trives estará o alcalde da Teixeira, Miguel Cid; e de Ribadavia, repite o alcalde de Avión, Antonio Montero.

Polo partido xudicial do Carballiño, estará a edila Teresa Cerdeira; pois o que foi alcalde, Argimiro Marnotes, perdeu a alcaldía nos comicios do domingo.

PUXERON CARGO A DISPOSICIÓN

Segundo explicou a Europa Press o que foi único voceiro do grupo do PP na Deputación nos últimos anos, Plácido Álvarez Dobaño, o presidente Baltar mantivo unha reunión con todos os deputados en funcións do grupo do PP na que "todos" puxeron o cargo á súa disposición. "Os designados son decisión exclusiva do presidente", concretou. "Falamos todos e expresamos que a decisión que tomase sería boa", engadiu.

O propio Álvarez Dobaño coñeceu a súa designación pouco antes do 'tuit' do presidente e recoñeceu que non estivo pendente da rede social. "O presidente pediume que seguise en reunións que mantivemos antes de dar a coñecer a designación", explicou, e admitiu que esta elección foi "un pouco" ao seu pesar pois se lle acumulan de novo as tarefas, xa que é secretario interventor no municipio de Pereiro de Aguiar.

Sobre a súa designación, de novo, dixo sentirse agradecido ao anterior presidente da Deputación, José Luis Baltar, por "depositar a súa confianza" nel para ese labor, que agora segue con José Manuel Baltar, ao que definiu como "compañeiro e amigo".

En canto á portavocía, asegurou que non sabe se repetirá. "Farei o que me pida o presidente, pero, se son voceiro, espero que sexa de forma compartida con outros deputados do grupo, e aumentar así a súa participación", manifestou. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE