#Claves de la semana
A CORUÑA

O PP pasa a ser a lista máis votada na Coruña por 28 votos pero gobernarán as mareas co apoio do PSOE

O PP converteuse na lista máis votada na Coruña tras aceptarse parte das súas impugnacións ante a Xunta Electoral. En concreto, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o PP obtivo 36.885 votos fronte aos 36.857 da Marea Atlántica.


|

Ante a Xunta Electoral, os populares impugnaran un total de 56 votos declarados nulos. Tras aceptarse parte destas impugnacións, convértese na lista máis votada o que, con todo, non implicará ningún cambio de face á gobernabilidade.


De feito, desde a Marea Atlántica, fontes consultadas por Europa Press incidiron neste feito. "Os cidadáns votaron o cambio", remarcaron sobre o resultado electoral que lles outorgou 10 concelleiros, os mesmos que os do PP.

O PSOE ANUNCIOU QUE APOIARÁ "O CAMBIO"

Polo momento, a plataforma cidadá non iniciou os contactos coas outras formacións de face á investidura, aínda que desde o PSOE xa anunciaron que apoiarán o "cambio" no goberno.

Até coñecerse a decisión da Xunta Electoral, unha vez efectuado o reconto duns 6.000 votos, a Marea Atlántica mantíñase como a formación máis votada, por catro votos.

RECURSO ANTE A XUNTA ELECTORAL CENTRAL

Segundo informaron fontes do TSXG, aínda queda como posibilidade de recurso acudir á Xunta Electoral Central.

Despois, habería que acudir á Sección Primeira do Contencioso Administrativo do alto tribunal galego. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE