#Claves de la semana
Dende as 15:00 horas do venres 29 de maio ata as 23:59 horas do domingo 31 de maio

O 061-Galicia asistiu a 50 persoas en 40 accidentes na fin de semana

Dende as 15:00 horas do venres 29 de maio ata as 23:59 horas do domingo 31 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias recibiu 51 chamadas por accidentes de tráfico


|

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 50 persoas debido a 40 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 29 de maio ata as 23:59 horas do domingo, 31 de maio. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 17 accidentes.


A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 51 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 40 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 50 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 58 e 42 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 34 por cento dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.


Por provincias foi Ourense a que rexistrou máis accidentes con 20 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

A Coruña: 15
Lugo: 5
Ourense: 20
Pontevedra: 9
Total Galicia: 40


Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron51. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a seis sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 41 sinistros e os  médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse nunha ocasión.


En 48 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en dúas ocasións foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE