MOSTEIRO DE SAN CLODIO, OURENSE

Exaltación gastronómica nos premios DO Ribeiro de Ourense

|

Recital de premios no claustro do Mosteiro de San Clodio (Leiro). O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro escollía este escenario para a entrega dos seus galardóns 2015 no mediodía do 17 de xuño. O acto comezaba cunha intervención do seu presidente, Miguel Ángel Viso, quen resaltaba que o Ribeiro é unha denominación con “historia, a máis antiga de Galicia, ligada ao Císter e ao Camiño de Santiago” e tamén incidía na súa aposta pola calidade, innovación e diferenciación.


De seguido, subíase ao escenario a xornalista andaluza Laura Lobo, para presentar a gala. En primeiro lugar recoñecíase a mellor tarefa de comunicación cunha distinción que recaía en Susie Barrie e Peter Richards, Masters of Wine e presentadores na BBC. Ademais, os adegueiros do Ribeiro, premiaban ao Restaurante Esteban de Mos na categoría de “mellor servizo de viño en restaurante”, ao espazo enocultural Vide-Vide de Santiago na de “mellor tenda especializada-viñoteca” e a ourensá Vinoteca Sybaris 2.0 na de “mellor taberna de bar de viños”.


De seguido, os representantes do IES Vilamarín recollían o premio como vencedores do concurso de receitas “Cociñar con Ribeiro”, celebrado na pasada feira do viño desta denominación, e un grupo de alumnos do Ingavi subíanse tamén ao escenario como ganadores no apartado de traballos de investigación por “Historia do Ribeiro”. Ademais entregábase o Premio “Fusión Muller e Viño” a Gemma Vela Humanes, unha das primeiras mulleres en exercer este oficio en España e a primeira en tomar ese rol nun hotel de cinco estrelas. “O viño e a miña paixón e o meu traballo”, aseguraba moi agradecida sostendo o premio. E asemade resaltaba que os do Ribeiro son “viños con historia, con xuventude, en definitiva, con alma”.


Nese momento da gala facíanse públicos os premios aos mellores viños do Ribeiro nesta edición, designados por un panel profesional de cata de 11 expertos, entre os que estaban varios representantes interancionais. O galardón ao mellor tinto era para Pazos de Albor 2014 do colleiteiro Alfonso Albor Rodríguez, o mellor branco de colleiteiro correspondíalle a Canción de Elisa 2014 de Adega Dona Elisa e o mellor branco de adega recaía en Ramón do Casar treixadura 2014, da dega do mesmo nome.


Nesta gala tamén se presentaba a colleita 2014 do Ribeiro, da man de Cristina Alcalá, Xoán Cannas e de Pablo Vidal, director técnico desta D.O. E,


Como broche da entrega, o colectivo de restaurantes e cociñeiros galegos con Estrelas Michelín recibían o Premio de Honra da denominación de mans do seu presidente.


O acto, que se ía intercalando con actuacións do grupo feminino Sisters in the House, pechábase coa intervención da conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana, quen apuntaba que “a Xunta de Galicia non pode menos que prestar o seu incondicional apoio” a esta D.O. e, para asegurar que esta relación perdure no tempo, anunciaba a intención do goberno autonómico de seguir apoiando accións en materia de formación, funcionamento e programas de control. Neste senso, a axuda aportada “pode ser clave para a apertura de novos mercados no exterior e iniciar un camiño sen retorno na expansión dos nosos produtos polo mundo”.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabecerarecomendados 1
Cabeceraultimahora
Cabeceralomasleido 1


Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress