O derrubamento dunha granxa en Piñor (Ourense) deixa decenas de porcos atrapados baixo os cascallos

O derrubamento dunha granxa ocorrido na tarde deste domingo en Piñor (Ourense) deixou decenas de porcos atrapados baixo os cascallos.

|

O derrubamento dunha granxa ocorrido na tarde deste domingo en Piñor (Ourense) deixou decenas de porcos atrapados baixo os cascallos.

Este suceso ocorreu no lugar de Cotelas, na parroquia da Canda, ao redor das 18,00 horas. Segundo informa o 112 Galicia, foi un particular quen chamou para solicitar axuda tras o afundimento da estrutura.

A persona alertante afirmaba que a nave albergaba ao redor de 200 porcos, dos cales varios se atopaban soltos pola estrada e outros, baixo os restos da edificación.

Tras esta chamada, o 112 mobilizou aos bombeiros do Carballiño, á Garda Civil, aos servizos sanitarios e aos membros de Protección Civil de Piñor.

Unha vez chegados ao lugar, os efectivos desprazados confirmaron que o tellado e as paredes da granxa estaban derrubadas. Con todo, indicaban que non había persoas feridas.

Ao longo da tarde, tanto os bombeiros como o persoal do Concello trataron de mover os cascallos para tentar liberar aos animais.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE