#Claves de la semana
CONSELLERIA DO MEDIO RURAL E DO MAR

A partir de hoxe, 1 de xullo, permítese a captura do polbo, da nécora e do lumbrigante


  • A do polbo prolongarase ata a data de inicio da veda do ano 2016, que se fixará polo correspondente plan
  • A nécora e o lumbrigante poderán capturarse no 2015 ata o 31 de decembro



|

A partires de hoxe comeza en Galicia a campaña extractiva do polbo, da nécora e do lumbrigante. A do polbo prolongarase ata a data de inicio da veda do ano 2016, que se fixará polo correspondente plan que se publicará antes da seguinte veda. A nécora e o lumbrigante poderán capturarse no 2015 ata o 31 de decembro, data incluída e no 2016 a veda iniciarase segundo se fixe no plan xeral de explotación marisqueira dese ano.


Para a captura do polbo o peso mínimo é de 1 quilo a peza e o número máximo de nasas permitido estará en función do tamaño da embarcación e do número de tripulantes enrolados e a bordo. O número de nasas segundo zonas específicas e tipos de embarcacións e o seu réxime de calamento poden consultarse no plan experimental para a xestión do polbo con nasa para a campaña 2015/16 no seguinte enlace.


En relación ás cotas máximas de captura desde o 1 de xullo ata o 30 de setembro de 2015, a cota máxima será de 30 kg por barco e día, ao cal se lle engadirán 30 kg/día por cada tripulante enrolado e a bordo, ata un máximo de 210 kg/día. No que resta de campaña a cota máxima será de 50 kg por embarcación e día, ao cal se lle engadirán 50 kg/día por cada tripulante enrolado e a bordo, ata un máximo de 350 kg/día. O horario de traballo das embarcacións iniciarase ás 6:00 horas (momento de saída do porto) e finalizará ás 16:00 horas. 


Os extremos ou cabeceiras de cada unha das caceas que se manteñan caladas deberán ser balizadas e identificarse axeitadamente indicando de forma clara e visible a matrícula e o folio da embarcación, así como a letra «N». Para estas balizas, a consellería proporciona etiquetas con chip RFID (identificación por radiofrecuencia) integrado para o seu uso no medio mariño. Ademais, todas as nasas deberán levar visible unha etiqueta entreregada pola consellería do Medio Rural e do Mar.


A NECORA


No caso da nécora, a novidade é que as medidas de xestión para a súa explotación se desenvolven nun plan experimental para a xestión desta especie e do camarón coa arte de nasa nécora e camarón. A vixencia deste plan é do 1 de xullo de 2015 ata o 30 de xuño de 2017. Ademais, este ano tamén é novidade no caso da nécora a colocación de etiquetas con chip RFID, do mesmo xeito que se fai co polbo.


O número de nasas máximo permitido tamén está en función do tamaño da embarcación e do número de tripulantes enrolados e a bordo e vén establecido no plan experimental. O horario de lance de nasa nécora e camarón será nocturno e unha vez cumprido o horario de traballo deberán ser levadas a porto diariamente.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE