#Claves de la semana
FORON SECUESTRADOS E APARECIERON MORTOS

Localizan os corpos do empresario galego e os seus dous empregados en Venezuela

A familia había pagado o rescate de 4,5 millones de bolívares, unhos 635.000 euros.




|

As autoridades venezolanas acharon o corpo sen vida do empresario galego afincado en Venezuela, Jaime Carrera Cortegoso, de 68 anos e natural de Gondomar (Pontevedra), e de dous dos seus empregados, que permanecían en paradoiro descoñecido desde o pasado 3 de xuño, segundo publicou o diario venezolano El Universal.


Tal e como apunta este medio, os tres cadáveres foron achados enterrados nunha zona montañosa do sector San Casimiro, ao sur do estado venezolano de Aragua, tras as investigacións realizadas por funcionarios do Corpo de Investigacións Científicas, Penais e Criminalísticas (Cicpc).


Así, sinala que as autoridades capturaron a un suxeito coñecido como ‘Ángel’, que admitiu a súa participación no secuestro e revelou que os tres homes estaban mortos, indicando que o lugar onde estaban enterrados.


Por mor diso, para capturar a outros implicados dispúxose un operativo, no que nun enfrontamento cos policías caeron mortos tres dos secuestradores, identificados polo diario venezolano como ‘Pastor’, ‘Menor’, e ‘Sandy’.


Familiares de Jaime Carrera confirmaron que o empresario permanecía en paradoiro descoñecido desde o pasado 3 de xuño. O home, que vivía en Venezuela desde hai décadas, traballaba no sector avícola e, xunto coa súa familia, era propietario dun negocio de cría de pitos.


O pasado 3 de xuño, á primeira hora da mañá, Jaime dispúñase a entrar, xunto a dous empregados, nunha das granxas, en Vallecito, no municipio de San Casimiro, cando os secuestradores saíron do interior das instalacións, armados e encapuchados, e levaron a Carrera e aos dous traballadores, no vehículo do primeiro.


O RESCATE


Os captadores puxéronse pouco despois en contacto coa familia, para pedir un rescate de cinco millóns de bolívares, aínda que logo aceptaron 4,5 millóns (uns 635.000 euros). Así mesmo, chamáronlles para devolver o coche que roubaran na fuxida.


Segundo as fontes consultadas, a familia logrou reunir o diñeiro, e un sobriño de Jaime Carrera entregouno a unha persoa que, afirmaron os achegados, “quedou conforme”. No entanto, desde entón a familia seguiu sen coñecer o seu paradoiro.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE