#Claves de la semana
ARRANCA .GAL

Arranca o Plan de migración dos portais da Xunta ao “.gal”

O proceso completarase de xeito progresivo ao longo de 2016


|

A incorporación ao .gal da web da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) supón o arranque do Plan para a migración dos portais e servizos da Administración pública galega ao dominio .gal. Deste xeito, a Xunta dá cumprimento ao Decreto, aprobado o pasado 13 de maio, que regula a organización da presenza en internet da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.


Actualmente son 208 os portais que integran o catálogo da Xunta. O Plan prevé que o 30% empreguen o .gal ao remate de 2015 e que o proceso se complete, de xeito progresivo, durante 2016, ano no que se migrarán tamén as contas de correo corporativo.


Outros portais con dominio galego


A Xunta foi unha das entidades pioneiras que o 25 de xullo de 2014 se incorporou ao .gal coa activación de 9 dominios en internet. Ademais, as novas iniciativas ou as actualizacións de portais desenvolvidas nos últimos meses xa tiveron en conta a adaptación ao novo dominio. Foi o caso das novas webs da Libraría Institucional de Galicia http://libraria.xunta.gal a do Museo das Peregrinacións e de Santiago http://museoperegrinacions.xunta.gal; a da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia http://evega.xunta.gal ou o recentemente renovado portal Eido Local, https://dww.eidolocal.gal e o portal de Museos de Galicia http://museos.xunta.gal.


Apoio da Xunta ao “.gal”


A entrada en funcionamento do dominio “.gal” foi o resultado dun proceso de oito anos, impulsado pola Asociación puntoGal e que contou coa implicación de diversas institucións, entre elas a Xunta de Galicia, que apoiou a iniciativa institucional e financeiramente.


En coherencia con esta implicación, e entendendo que o dominio .gal é unha oportunidade para o posicionamento de Galicia e da lingua galega en internet, a Administración autonómica galega decidiu adoptar de maneira preferente o dominio .gal para a súa presenza na rede.


Decreto


O pasado 13 de maio o a Xunta formalizaba a consolidación do “.gal” como dominio que identificará todas as súas iniciativas en internet coa aprobación no Consello da Xunta do Decreto polo que se regula a organización da presenza en internet da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.


A adaptación ao novo dominio desenvolverase de xeito paulatino durante un prazo de dous anos e sen que supoña ningún custe adicional para a Administración autonómica.


Logro histórico


A consecución do dominio “.gal” foi un fito histórico, froito do apoio de toda a sociedade galega. Ao obxectivo de acadar un dominio en galego se adheriron máis máis de 14.000 cidadáns, 114 institucións das máis diversas disciplinas, xunto con máis de 20 centros de emigrantes doutras comunidades autónomas e doutros países como Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Bélxica, Arxentina, Estados Unidos, Uruguai ou Brasil.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE