#Claves de la semana
CHÉVERE, PREMIO NACIONAL DE TEATRO

Broche de ouro para a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (Ourense)


|


A 31ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia chegou ao seu fin coa publicación dos premios outorgados polo público, cuxo primeiro galardón foi parar a Como si pasara un tren, escrito e dirixido polas arxentinas Lorena Romanín e Adriana Roffi. Como gañadora, a compañía recibirá o convite a participar na edición de 2016 en caso de dispor de nova produción.


En segundo lugar, o público situou La Merda, espectáculo italiano que obtivo un gran suceso tamén da crítica, que valorou o traballo como “memorábel, impecábel, imperdíbel e celebrado con case dez minutos de ovaciónsencendidas en pé de todo o Auditorio”.


O terceiro posto foi para Chévere, que conseguiu o Premio Nacional de Teatro co seu popular docu-musical As fillas bravas. En cuarto lugar ficou La imaginación del futuro, obra que pretende realizar unha reflexión crítica sobre a clase política e a violencia en Chile.


A organización celebra a asistencia desta 31ª edición, que superou as 14.000 persoas entre os espectáculos do Castelo, os do Club Artístico, Casa da Cultura, Xardíns do pequeno Auditorio, Ruadavia, programa SputMIT, Foros da MIT e a exposición da Igrexa da Madalena.


A MIT informa de que abrirá un arquivo na súa páxina web con todo o material audiovisual, para que todas as persoas interesadas poidan facer uso das gravacións dos foros, “unha das novidades desta edición que se fixarán para o futuro como ferramenta indispensábel para a mediación, a ampliación e o fomento da análise e do achegamento lúdico ao pensamento e ao debate arredor da arte dramática e dos seus axentes creativos”.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE