#Claves de la semana
ANO DE CASTELAO 2106

O Museo Provincial de Pontevedra será o epicentro da celebración do Ano Castelao en 2016

Rianxo, como localidade de nacemento do autor, tamén acollerá parte da programación.


|


O Museo Provincial de Pontevedra será o epicentro da celebración do chamado Ano Castelao en 2016 e do Día das Artes Galegas, segundo se constatou hoxe na xuntanza mantida entre o deputado provincial de Cultura, Xosé Leal, o director do Museo, Carlos Valle, e o presidente e o tesoureiro da Real Academia Galega de Belas Artes , Manuel Quintana e Miguel Fernández.


O Museo Provincial acollerá unha grande exposición co título de ‘Meu Pontevedra’, o mesmo que utilizou Castelao nun texto escrito en Bos Aires no que lle declaraba o seu amor á cidade do Lérez. Esta mostra fará fincapé no labor creativo do autor (que xa conta con dúas salas permanentes no Museo) e completarase con outras moitas actividades que se desenvolverán ao longo do exercicio, nas que a Real Academia aínda está a traballar.


Santiago de Compostela será outro dos núcleos principais de actividades do Ano Castelao coa posta en marcha doutra exposición de grande alcance no Centro Galego de Arte Contemporáneo que despois sería itinerante por outros lugares da xeografía estatal e que chegaría tamén a Bos Aires.


Rianxo, como localidade de nacemento do autor, tamén acollerá parte da programación.


O deputado de Cultura, Xosé Leal, manifestou a total colaboración da Deputación de Pontevedra no desenvolvemento das actividades previstas e subliñou que o obxectivo é "achegar o artista e o político, xa non á xente de aquí que o coñece, senón tamén a quen nos visita, cunha referencia ampliada ao tratarse de un ano especial".


Leal indicou que "é de recibo que Pontevedra sexa epicentro da programación da Real Academia porque, a pesar de que Castelao non naceu aquí, chegou para traballar no Concello (o 15 de xaneiro de 2016 cúmprese o centenario deste evento), foi membro do primeiro Padroado do Museo e recibiu unha grande influencia da cidade".


O presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana, insistiu en que a programación que se está deseñando servirá para amosar o traballo do autor e "resarcir débedas pendentes coa súa obra". Ademais, indicou que pretende establecer unha liña de colaboración directa entre a Real Academia e a Deputación de Pontevedra para moitos outros proxectos.


"Pontevedra ten unha débeda especial con Castelao, que no caso do Museo sirve para ser simplemente consecuente coa súa propia historia", dixo o director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle quen lembrou que "se Castelao non se explica sen Pontevedra, parte do Museo de Pontevedra non se explica sen Castelao".


         O neno das piñas, Castelao

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE