AUTOVIA DO CANTABRICO, ABADIN E MONDOÑEDO
A A-8, cortada de novo ao tráfico no Alto do Fiouco
Unha vez máis, desde primeira hora permanece prohibida a circulación en ambos os sentidos pola Autovía do Cantábrico entre Abadín e Mondoñedo por mor da maña visibilidade

A néboa reaparece cada pouco Abadin e Mondoñedo, sin que a Administración presente mais solución que o seu peche ata que o tempo resolva o problema.
A autovía do Cantábrico (A-8) volve estar cortada ao tráfico en ambos os sentidos da circulación, ao seu paso polo Alto do Fiouco, entre os municipios de Abadín e Mondoñedo, Lugo, como consecuencia dos densos bancos de néboa que dificultan a visibilidade por parte dos usuarios.
Segundo informou a Dirección General de Tráfico (DGT), a autovía permanece cortada por motivos de seguridade desde primeira hora desta mañá, concretamente desde as 07:50 horas.
Dáse a circunstancia de que a autovía tamén permaneceu cortada ao tráfico desde o luns -31 de agosto- ás 20:26 horas, ata o martes ás 16:00 horas, no mesmo tramo, entre os quilómetros 552 (Abadín) e 536 (Mondoñedo).
Este tramo tivo que ser pechado ao tráfico en numerosas ocasións no que levamos de ano, precisamente pola formación de densos bancos de néboa que dificultan a visibilidade dos condutores e comprometen a seguridade da vía.
Escribe tu comentario