DOUS MORTOS, EN ACCIDENTE EN RIANXO, A CORUÑA

Dous mortos, en Rianxo, A Coruña, nun accidente de tráfico en Rianxo ao incorporarse á autovía en dirección contraria

O accidente produciuse sobre as 22.40 horas. A autovía quedou cortada polo incendio dun dos vehículos


|

Unha ambulancia e os dous vehículos implicados na colisión, Foto: Cedida.


Dúas persoas perderon onte a vida na autovía AG-1, á altura do cruzamento con Rianxo, despois dun violento choque entre dous vehículos. Un coche de márca BMW incorporouse á vía en sentido contrario e outro non o puido esquivar. A colisión provocou o incendio de un dos turismos. Os falecidos son unha parella duns 30 anos, ocupantes do vehículo que se atopou o outro coche en dirección prohibida.


Unha das vítimas mortais é un veciño da parroquia de Isorna (Rianxo).O violento sinistro tivo lugar na AG-11 en dirección a Padrón, antes da saída de Catoira, e despois de que o BMW circulase en sentido contrario durante un tramo indeterminado da autovía.


O suceso ocorreu sobre as 22.40 horas e obrigou a cortar polo momento a circulación na autovía entre os quilómetros 11 ao 17 para facilitar a actuación dos servizos de urxencias. 


Momentos antes do suceso incluso se deu o aviso por redes sociais dun coche en dirección contraria, pero non se puido facer nada para evitar o choque. 


O 061 confirmou que no accidente rexistrouse un ferido grave, un home duns sesenta anos, que foi trasladado pola ambulancia medicalizada de Santiago ao Clínico de Santiago de Compostela. Ao lugar do accidente desprazáronse dúas ambulancias asistenciais, outra medicalizada e persoal do PAC de Rianxo.


Unha das hipóteses que se manexa é que o condutor se confundiu no momento de entrar na estrada e acabase no carril equivocado da autovía.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE