PROBAS AUTOMOVILISTICAS EN GALICIA

A Secretaría Xeral para o Deporte e a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior reúnense co sector deportivo do automobilismo galego

Abren un proceso de estudo e análise sobre futuras actuacións para reforzar a máxima garantía na organización das competicións automobilísticas en Galicia


|

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e a subdirectora xeral de Xogo e Espectáculos Públicos da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Guillermina Núñez, mantiveron hoxe unha reunión con representantes da Federación Galega de Automobilismo e as principais escuderías galegas para abrir un proceso de estudo e análise sobre futuras actuacións. O obxectivo é reforzar a máxima garantía na organización das competicións automobilísticas en Galicia.


Partindo dun recoñecemento xeral aos actuais estándares de calidade na organización destas probas en Galicia, equiparables aos do resto do Estado, no curso da reunión o tecido deportivo do automobilismo apuntou a necesidade de seguir traballando dende distintas áreas de actuación cara optimizar os estándares de calidade existentes.


Abordáronse así aspectos como os da información e concienciación do público ou a adopción de novos requirimentos técnicos e organizativos das probas que complementen aos actuais, e todo iso co fin de minimizar ao máximo os perigos dun deporte que, como este, é de risco.


A Federación comprometeuse a constituír un grupo de traballo que veña a traballar nestas novas medidas e accións, e que serán de aplicación á toda a actividade federativa.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE