'PORTAL DA LINGUA GALEGA'

A Xunta agrupa nun novo portal toda a información relacionada co galego e tradución

|

A

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora da Amtega, Marisol Pereira, presentaron este venres o novo portal web


Xunta de Galicia reformulou o portal web da Secretaría Xeral de Política Lingüística para convertelo no 'Portal da Lingua Galega', un espazo en rede que agrupará toda a información sobre o galego e que permitirá a apertura ao público do servizo de tradución Gaio, ata agora de uso interno da Administración.


O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora da Amtega, Marisol Pereira, presentaron este venres este novo portal web, nacido con "proxección social", máis alá "dos límites" do administrativo, e que agrupa información, servizos, noticias, recursos e actividades relacionadas co galego.

Con esta modificación, a páxina web de Política Lingüística se "harmoniza" co deseño "máis actual" das restantes webs da Xunta destacou Mar Pereira, ao tempo que fixo fincapé en que aumenta a "transparencia" e a "accesibilidade" da web, que se pasa tamén ao dominio .gal. A través dunha ferramenta "máis intuitiva" os internautas poderán acceder a todo tipo de contidos sobre o galego.

En concreto, dentro da nova web os usuarios poderán acceder a información específica sobre a secretaría xeral, recursos relacionados co galego e información propia sobre actividades e actuacións en relación ao idioma.

APARTADOS

Así, terán acceso a convocatorias e noticias relacionadas coa lingua galega ou a secretaría xeral e información sobre efemérides, como as programacións polo Día dás Letras Galegas.

Paralelamente, poderán consultar información sobre os distintos programas de difusión do galego en distintas franxas de idade, como os Axóuxeres ou o Fala Redes; repasar normas ortográficas e morfolóxicas e obter datos sobre recursos para a súa aprendizaxe e os exames oficiais do Celga.

Ademais de facilitar o enlace a outras entidades que traballan no sector da lingua galega, a web agrupa datos do galego no exterior e de programas nesta materia, recursos de linguaxes específicas -administrativo e xurídico- e publicacións, entre outros elementos.

Un dos recursos aos que posibilita o acceso a web é o tradutor Gaio, que permite a tradución directa e inversa de textos e de webs en galego, castelán, portugués, inglés, francés e catalán. Este servizo, ata agora de uso interno para a Xunta, inclúe unha personalización de máis de 16.000 termos entre topónimos galegos, terminoloxía específica da administración ou nomenclatura vinculada aos concellos. 

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress