#Claves de la semana
OS PEDIDOS CAEN UN 3,9%

A facturación da industria galega repunta un 3,3%


|

A cifra de negocios da industria aumentou un 3,3% o pasado mes de xullo en Galicia con respecto ao mesmo mes de 2014, mentres que as entradas de pedidos do sector descenderon un 3,9%, segundo os datos difundidos este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE). En concreto, a facturación da industria galega sobe unha décima máis que no conxunto do Estado, onde subiu un 3,2% neste período. Pola súa banda, ao contrario que en Galicia, os pedidos do sector soben un 8,9% en España.


Deste modo, a cifra de negocios aumenta respecto a xullo de 2014 en 13 comunidades autónomas e diminúe en catro. O maior incremento prodúcese en Castilla e León (13,5%) e o maior descenso en Canarias (-27%).


Os pedidos tamén soben respecto ao mesmo mes do exercicio pasado en 12 comunidades e diminúen nas outras cinco. A maior suba prodúcese na Comunidade de Madrid (77,5%) e o maior descenso tamén en Canarias (-28,4%).


A ENERXÍA, ÚNICO SECTOR QUE RECORTA AS SÚAS VENDAS


No conxunto do España, co dato de xullo, a facturación da industria desacelera o seu crecemento, cunha taxa inferior en tres puntos á de xuño (+6,2%), e suma tres meses consecutivos á alza tras a caída do 1% rexistrada en abril.

Ademais, os pedidos encadean xa seis meses de incrementos, aínda que o ritmo de avance se acelerou en xullo 2,7 puntos respecto ao mes anterior (+6,2%).


Por sectores industriais, a enerxía foi o único que recortou as súas vendas en xullo, cun retroceso interanual do 18,4%, mentres que os bens de equipo aumentaron a súa facturación un 14,4%, os de consumo duradeiro un 8,7%, os de consumo non duradeiro un 2,8%, e os bens intermedios, un 2,5%.


Segundo o mercado ao que se factura o produto, os datos do INE mostran unha taxa anual positiva do 10,9% na zona euro e do 4,8% na zona non euro, mentres que no mercado interior a taxa foi negativa (-0,5%).


OS PEDIDOS DE BENS DE EQUIPO DISPÁRANSE


Pola súa banda, a entrada de pedidos da industria subiu un 8,9% en xullo en taxa interanual, con descensos en enerxía (-18,2%) e aumentos nos bens de equipo (+38,7%), bens de consumo duradeiro (+9,1%), bens intermedios (+2,7%) e bens de consumo non duradeiro (+2,6%).


Os índices obtidos segundo o mercado do que se reciba o pedido subiron un 8,2% na zona euro, un 39,8% na zona non euro e un 1% no mercado interior.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE