#Claves de la semana
MEMBRO DA XUNTA DE GOBIERNO FEMP

Por primeira vez, en 35 anos, a Deputación de Ourense integra a Xunta de Goberno da FEMP

Manuel Baltar considera que nesta nova etapa do municipalismo español "os gobernos provinciais gañan peso ao formar parte do órgano de goberno cinco deputacións".


|

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, fixo hoxe balance da súa recente elección como membro da Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Trátase da primeira vez, en 35 anos, que a Deputación de Ourense integra a Xunta de Goberno do máximo órgano do municipalismo español, unha elección que o presidente cualificou como "unha responsabilidade é unha oportunidade para seguir innovando en política e na administración, e para favorecer ese maior achegamento dos cidadáns ás institucións".


Manuel Baltar -único representante galego na Xunta de Goberno xunto a Abel Caballero, presidente da FEMP- considera que nesta nova etapa do municipalismo "os gobernos provinciais gañan peso ao formar parte do órgano de goberno 5 deputacións fronte a un único goberno provincial que integraba a Xunta na pasada lexislatura", e comprometeuse a trasladar ás comisións de traballo da FEMP "a nova visión de provincia co mesmo perfil prepositivo que caracteriza á Deputación de Ourense, para seguir innovando e para ir da man dos cambios que demanda a cidadanía".


Manuel Baltar avoga por seguir mantendo a liña da unanimidade nos acordos da Xunta de goberno (509 resolucións adoptáronse unanimemente no pasado mandato) "porque esa é a gran fortaleza das reivindicacións das entidades locais e unha mensaxe importante para enviar a Europa por parte do municipalismo español; niso a Deputación de Ourense porá todo o seu empeño", e engadiu que non cabe outro plantexamento "que deixar de lado posturas partidistas e ter en conta a fortaleza que caracterizou á FEMP na pasada lexislatura. Ogallá a unanimidade sexa unha aspiración de todos".


Un dos aspectos a debater nesta nova etapa do municipalismo español "será a reformulación da política provincial", dixo Manuel Baltar, quen avanzou que o vindeiro 28 de setembro abordará precisamente ese tema na conferencia que impartirá no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, dentro do Foro "Nueva Economía Forum", e neste ámbito económico destacou: "Os municipios e as provincias foron os que maior esforzo fixeron durante a crise, sendo as administracións públicas mellor xestionadas. O reto é agora o novo modelo de financiamento local e tamén o debate do financiamento autonómico, algo que debe abordarse simultaneamente –a reformulacións dos dous subsistemas: local e autonómico- para que se teñan en conta os entes locais e se inclúan no Consello de Política Fiscal e Financeira".


O presidente do goberno provincial expresou que a Deputación de Ourense "entra na Xunta de Goberno da FEMP co aval de ter liderado iniciativas pioneiras no ámbito da administración pública, como fixo achegando propostas innovadoras á Fundación Democracia e Goberno Local, "situándonos á vangarda dos gobernos provinciais en moitos aspectos organizativos, de xestión, de rigor económico, de prestación de servizos e de transparencia, todo en favor dos concellos e dos cidadáns", e valorou a incorporación ao órgano reitor da FEMP como "un recoñecemento ao traballo feito polo equipo de goberno da deputación e do corpo funcionarial do ente provincial, que soubo interpretar perfectamente as directrices políticas".

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE